O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e a Deputada Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participaron este xoves no CENIMA de Foz nun foro organizado pola Federación de Comercio da Mariña (FCAM) baixo o título Traballo na Mariña Lucense, onde vivo? No encontro, que serviu para analizar a problemática da falta de pisos de aluguer tras o auxe das vivendas turísticas, participaron ademais a presidenta da FCAM, Carmen Cruzado; o CEO de Inmoriba, Néstor Sordo; o xerente do hotel O Cabazo, Joaquín López; ou a axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Tania Hermida.
A Deputación participa en Foz nun foro sobre a problemática da vivenda que organiza a Federación de Comercio da Mariña
A Deputación participa en Foz nun foro sobre a problemática da vivenda que organiza a Federación de Comercio da Mariña
Relacionado
-
O Concello de Foz aclara os motivos dos cambios na factura da auga e do lixo
-
A Asociación Cultural Avelino Díaz celebra ovindeiro sábado -16 de novembro- en Meira a III Polavila por AvelinoDíaz
-
Colectivos sociais e culturais e organizacións sindicais e políticas presentan en Foz o Acto nacional pola lingua que terá lugar en Santiago o domingo 17 de novembro