Definitivamente o Bng nin entende nin comprende. O seu ego foi e é tan desmesurado que deben pensar que aínda están no goberno. Esa ansia durante anos de “todopoderosos” non os leva máis que a un ridículo tan grande que nin eles mesmos se percatan. Pretenden enganar e seguen xogando a confundir e manipular. Agora resulta que este goberno é do peor!! Somos malísimos!!Tan malos que lles ocultamos información!!
Segue pensando o ladrón que todos somos da súa condición…
Mentres eles gobernaron SÍ ocultaron información. Anos e anos de descalificacións e insultos. Sempre pensaron que estaban no poder absoluto da verdade, e claro, agora pensan que nós facemos o mesmo.
Están obcecados coa residencia hospital-asilo, unha obra que non souperon xestionar nin proxectar. Unha obra, que dito sexa de paso, pouco lles importa, xa o demostraron no seu momento, pero quizáis viron como posible “galiña dos ovos de ouro” como en tempo pretérito.
Poden ir esquencéndose de xoguiños que nós non estamos a iso e xa o deberían de saber. Nada temos que esconder e por iso xa teñen toda a información. Sempre a tiveron. Moita máis da que o Bng lles facilitou ós técnicos municipais no seu momento. O Bng dispón de toda a información, e ademais dous técnicos municipais responsables aclararon as dudas que lles puideron xurdir. Entendemos que isto lles colleu de sorpresa porque é a primeira vez en vinte anos que se lle da explicacións á oposición!! Pode ser que os pillara tan desprevenidos que non deron asimilado a información que se lles facilitou. Non os podemos culpar diso, nós aínda estamos esperando información solicitada na anterior lexislatura.
E en canto a liquidación do presuposto, entregarase cando se liquide, como ben di a palabra. E COMO SEMPRE SE FIXO. Mentres tanto cada dous meses, en Pleno ordinario, no apartado de “Dación de contas”entregaranse todas as facturas que correspondan. Repetimos: COMO SEMPRE SE FIXO! Por certo…xa que lles interesa tanto, de facturas xa falaremos.
Por outro lado, non entendemos a “pataleta”porque no concello hai unha Ordenanza APROBADA POLO BNG que regula a xestión da información. Cando a aprobaron interesáballes, pero olvidáronse que a terra é redonda e o que vai de cara volve de cu. Aparte da Lei de Protección de Datos, que polo que se ve, exceptuando ó Bng, todos coñecemos.
Ai..Ai… non é de extrañar que moitos militantes do Bng estean abraiados coas actitudes dos seus responsables en Ribadeo.
Pero ¿a quén pretenden enganar? Si na época do Bng había tan pouca transparencia que nin traspaso de poderes houbo!! Pero si por non coller, non colleron nin o teléfono!!
En fin, nós ó noso, traballando arreo e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



