Alfoz, 26 de outubro, 2024. Despois de semanas de mobilizacións e presión por parte das familias, os nenos do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro volveron ás aulas por responsabilidade dos pais. Non obstante, este regreso produciuse baixo a ameaza de expedientes de absentismo, “unha medida que a administración empregou para debilitar a loita das familias, en lugar de buscar solucións reais aos problemas educativos que afectan ao centro”, indican as familias.
O que resulta aínda máis preocupante e indignante para as familias foi o sucedido o pasado mércores, cando as familias decidiron que os seus fillos volvesen ás aulas. A inspectora de educación, que leva o control deste colexio, visitou o centro cunha única e clara intención: contar o número de nenos presentes nas aulas. “Este feito parécenos denigrante e unha auténtica falta de respecto ás familias”, indican desde a ANPA e engaden, “no canto de acudir para dialogar ou para avaliar as necesidades educativas do centro, que levan máis dun mes sendo ignoradas, limitouse a verificar se as familias enviaran os seus fillos ao colexio”, sen preocuparse polos verdadeiros problemas, “unha razón mais para afirmar que para a Xunta os nosos filles e fillas son simples números”, conclúen.
As familias denuncias que “non só non se reuniu coa dirección do centro, senón que tamén evitou calquera contacto coa orientadora”, que ese día estaba no colexio, e, o que resulta aínda máis grave, non quixo falar coas familias, “nin sequera houbo un aviso da súa visita”, subliñan. Este comportamento demostra a falta de interese real por parte da administración nas dificultades educativas que levan semanas sendo denunciadas.
As peticións da ANPA son claras e sostidas, “esiximos a incorporación inmediata dunha especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT) para atender adecuadamente ao alumnado con necesidades educativas especiais”. Ademais, “pedimos que se realice unha avaliación das necesidades do centro por parte da administración, de maneira transparente e colaborativa”, e que se establezan os recursos necesarios para garantir unha educación de calidade para todos os alumnos e alumnas.
Para as familias, resulta incrible que, tras todo este tempo de solicitudes para que alguén da Xunta acudira ao centro a avaliar a situación, especialmente as necesidades dos nenos con atención educativa especial, “a única resposta da administración sexa mandar a unha inspectora cuxa única función foi verificar se os nenos acudiran ao colexio. Non lles importa o benestar dos nenos, só queren controlar e coartar o noso dereito a protestar”.
As familias do do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro están profundamente indignadas por esta cuestión, e “o comportamento da Xunta non fai máis que reafirmar a nosa determinación de continuar coa loita”, indican. O que as familias reclaman é un compromiso serio coa educación dos seus fillos e fillas, “non visitas inútiles que non achegan ningunha solución aos problemas que estamos a sufrir”.
As familias do CEIP Castro de Ouro non deixaran de loitar ata que se cubran as necesidades do centro. Nese sentido, reiteran o seu apoio á Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e anuncian a súa participación na manifestación que terá lugar mañá sábado 26 de outubro ás 12:00 horas en Santiago de Compostela, con saída da Alameda. “Alí faremos visible, unha vez mais, o noso rexeitamento ao abandono da educación pública no rural”, exixindo unha educación digna e de calidade para todos os nenos e nenas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



