Alfoz, 18 de outubro, 2024. As familias do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro mantiveron unha reunión na tarde do venres para analizar a situación do colexio, tras recibir o escrito do xefe de inspección de Lugo. Tras a revisión do documento, exposto no Consello Escolar celebrado no propio centro, decidiron, por unanimidade, continuar coa folga en protesta polo que consideran un abandono do centro por parte da Xunta de Galicia. No consello escolar recordouse que desde a Xefatura Territorial de Lugo se garantira ao final do curso pasado que neste o centro contaría cos mesmos recursos, algo que non se cumpriu.
O documento da inspección recoñece que o colexio presenta necesidades, pero afirma que estas deben ser atendidas cos recursos actuais dispoñibles no centro. As familias consideran que esta valoración non reflicte a realidade que viven a diario, especialmente no que respecta aos alumnos con necesidades educativas especiais, que non están a recibir a atención axeitada. Ademais, recordan que en varias ocasións o centro presentou informes á Administración indicando estas necesidades, e a resposta da Xunta foi a supresión da especialista en Pedagoxía Terapeituca, coa que o centro contaba o pasado curso. “Non estamos pedindo nada que a Xunta non nos poida ofrecer, como parece que nos están facendo entender, só os recursos que permitan que os nosos fillos e fillas reciban unha educación en condicións”, explicaron as familias na reunión.
Para as familias, esta situación resulta especialmente frustrante, xa que ven como o ensino dos seus fillos se deteriora debido á supresión de recursos. “É incomprensible que nos ignoren desta maneira, cando está claro que as necesidades son reais. Os nosos nenos están sendo prexudicados día tras día”, sinalan. As familias lembran que a Xunta de Galicia ten a obriga de garantir un ensino público de calidade e que o centro de Alfoz leva denunciando a falta de recursos desde o inicio do curso.
Como medida inmediata, as familias decidiron seguir sen enviar aos seus fillos ao colexio mentres non se atenda a súa demanda de forma adecuada. “Non é unha decisión fácil, pero non temos outra alternativa. Queremos que os nosos fillos reciban a atención que merecen e non imos ceder ata que iso suceda”, afirmaron.
Ademais de continuar coa folga, as familias acordaron unirse á manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que terá lugar o sábado 26 de outubro ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela. As familias consideran que esta é unha oportunidade para visibilizar a súa situación e sumar forzas coa loita doutras comunidades educativas en Galicia que tamén están a reivindicar unha mellor educación pública. “A nosa situación non é un caso illado. Hai moitos centros como o noso que están a sufrir a mesma falta de atención. Por iso, é importante que nos mobilicemos xuntos”, indicaron as familias.
Na reunión tamén se quixo expresar o agradecemento a todas as familias que están a secundar a folga, recoñecendo que non é unha situación fácil para ninguén. “Sabemos que é unha decisión difícil, especialmente para as familias que teñen que facer un gran esforzo para coidar dos nenos mentres non están no colexio. Pero estamos convencidos de que é a única maneira de presionar á Xunta e facer que escoiten as nosas demandas. Non estamos sós nesta loita”, explicaron.
Finalmente, as familias adiantaron que están a valorar novas medidas de presión que se poderían levar a cabo a partir da próxima semana se a situación non mellora. Non descartan máis accións reivindicativas ou mobilizacións locais para seguir visibilizando o problema e esixindo solucións concretas por parte da Administración. O obxectivo segue sendo o mesmo: que o CEIP Plurilingüe Castro de Ouro dispoña dos recursos necesarios para garantir un ensino de calidade para todos os seus alumnos e alumnas.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



