A subdelegada celebrou a posta en marcha desta segunda convocatoria, que beneficiará a 350 persoas que recibirán formación de balde sobre ciberseguridade, automatización de procesos, facturación electrónica ou acceso a subvencións
Lugo, 17 de outubro de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou esta mañá o firme compromiso do Goberno coa transformación dixital das pequenas e medianas empresas (pemes) durante un encontro con responsables da empresa lucense Rafer, adxudicataria do programa de axudas da segunda convocatoria “Xeración Dixital Pemes” do Ministerio de Industria e Turismo. Estas accións enmárcanse no Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno, destinado a impulsar a modernización do tecido empresarial e aumentar a competitividade das pemes en todo o territorio nacional.
Durante o encontro, Rodríguez subliñou a importancia da nova convocatoria de axudas, que permitirá a 350 persoas recibir formación “sobre cuestións fundamentais como ciberseguridade, facturación electrónica, automatización de procesos ou acceso a subvencións”. Esta formación está dirixida tanto a autónomos e autónomas como aos traballadores/as das peme que necesiten actualizar ou desenvolver competencias en dixitalización, co fin de mellorar o rendemento das súas empresas.
“O Goberno está comprometido con proporcionar ao tecido empresarial as ferramentas necesarias para adaptarse á contorna dixital. Este programa non só incrementará as competencias dixitais, senón que tamén contribuirá a mellorar a produtividade e competitividade das empresas, impulsando o seu crecemento e a súa capacidade para competir en mercados internacionais”, sinalou Rodríguez.
Con esta nova convocatoria prestarase especial atención ao rural “á hora de captar alumnado interesado co fin de facilitar os procesos, por exemplo, no sector da agricultura e a gandería á hora de actualizar o caderno dixital de obrigado cumprimento”. Tanto a subdelegada como a empresa adxudicataria lembraron que estas formacións son de balde e que se poderán adaptar ás necesidades concretas de cada peme.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



