A súa voceira, Alba Sinde, indica que se sumarán á concentración convocada polas familias o vindeiro 23 de outubro diante do Centro de Saúde de Castro de Ribeiras de Lea ante a falta de cobertura pediátrica, “que se converteu nunha situación insostible para as familias”
Castro de Rei, 17 de outubro de 2024. O grupo municipal socialista de Castro de Rei, concentrarase en protesta pola precaria situación da sanidade pública no concello. A súa voceira, Alba Sinde, sinala que apoiarán ás familias que convocaron para o vindeiro mércores, 23 de outubro más 13:00 horas fronte ao Centro de Saúde de Castro Ribeiras de Lea unha concentración. Unha medida reivindicativa que ten como obxectivo visibilizar o profundo malestar da poboación pola falta de cobertura pediátrica e outras deficiencias nos servizos de atención primaria.
Sinde explica que a protesta convócana as familias afectadas dos concellos de Castro de Rei, Outeiro de Rei e Cospeito, que levan semanas denunciando que os seus fillos e fillas non teñen garantida unha atención pediátrica regular. “A situación é insostible”, explica a voceira do grupo socialista, porque “falamos da saúde dos nosos veciños e veciñas, e en especial dos máis pequenos. É inaceptable que esteamos a vivir este nivel de precariedade nun servizo tan esencial como a sanidade pública”.
Falta de substitucións no servizo pediátrico
Os socialistas destacan que o principal problema está na ausencia de substitucións cando a pediatra habitual se ausenta, por motivos de enfermidade ou outras razóns. Esta situación, denuncian, está a deixar ás familias na incerteza constante de non saber se ese día contarán ou non cunha consulta pediátrica. A pediatra, como calquera profesional, indican, ten todo o dereito a coller baixas ou permisos, pero as familias tamén teñen o dereito de que o servizo non quede sen cubrir.
A falta de planificación e substitucións está a crear o que Sinde cualifica de “baleiro” na atención pediátrica. “As familias sinalan que non poden seguir tolerando esta situación. Estanas informando no mesmo día de se hai ou non atención, e moito menos aceptar que quen cubra estas ausencias non sexa un pediatra especializado. Isto non pode ser a norma nun sistema que debe garantir unha cobertura mínima, estable e de calidade. Son as principais queixas que nos trasladan”, indica Sinde.
O PSOE de Castro de Rei tamén se fai eco do chamamento que fan as familias para que os veciños e veciñas se coordinen e presenten reclamacións masivas ante o SERGAS para denunciar esta situación. Para iso pódense usar os impresos dispoñibles tanto nos centros de saúde de Castro de Rei, Outeiro de Rei ou Cospeito, como a app do SERGAS mediante a Chave 365, para rexistrar formalmente as súas queixas.
Unha sanidade moi deficiente
Ademais do servizo de pediatría, os socialistas denuncian que hai unha carencia xeral de médicos de atención primaria nos centros de saúde de Castro de Rei. “A escaseza de profesionais médicos está a facer que a poboación quede sen a atención sanitaria que precisa. As listas de espera seguen a medrar, e a calidade da atención reséntese día a día”, explica Sinde.
A isto súmanse os recentes problemas de potabilidade da auga da billa no concello, que están a crear unha situación crítica para os veciños e veciñas de Castro de Rei. Segundo o grupo socialista, “estamos ante unha situación onde o dereito á saúde está sendo vulnerado en varias frontes, tanto pola precariedade dos servizos sanitarios como polas condicións hixiénicas básicas que tamén se ven afectadas.”
Esixencia de solucións inmediatas
O PSOE de Castro de Rei insta á Xunta de Galicia a que actúe con urxencia ante esta situación. “Non podemos seguir mirando para outro lado. O Goberno de Rueda ten que asumir as súas responsabilidades e garantir que todos os veciños e veciñas teñan acceso a un servizo sanitario público de calidade, que cubra todas as especialidades de maneira continua e estable”, conclúe Alba Sinde.
Os socialistas comprométense a seguir traballando para que a situación mellore, e continuarán apoiando as protestas e as accións que sexan necesarias para defender o dereito á saúde dos seus veciños e veciñas.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



