“É difícil explicar que un concello que é a capital da Terra Chá non reciba nin un só euro en investimentos reais do goberno galego desde 2019”, sostén a alcaldesa
Vilalba, 19 de outubro de 2024. A alcaldesa de Vilaba, Marta Rouco, amosa “a miña decepción, que non sorpresa, ao comprobar que a capital da Terra Chá non existe un ano máis nos orzamentos autonómicos”.
A Xunta entregou esta mañá no Parlamento de Galicia o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
“Por se hai alguén que pensa que esaxero, a documentación é pública e está a disposición de calquera persoa que quiera consultala”, afirma Rouco.
“A realidade é a que é: por sexto ano consecutivo, non haberá investimentos reais da Xunta de Galicia en Vilalba”, asegura a alcaldesa, “polo que o goberno de Alfonso Rueda non considera importantes as demandas e necesidades dos nosos veciños e veciñas”.
“Nin partidas para desbloquear proxectos pendentes como a estación de autobuses, nin melloras nas infraestruturas de titularidade autonómica, nin investimentos aos que temos dereito polo canon da auga incluído no recibo… nada”, engade Marta Rouco.
Tampoco hai novidade nas contas sobre o convenio asinado hai xa 20 anos para que a Xunta cedera ao concello tres travesías urbanas, incumprindo o goberno galego a reparación previa da LU-119, que une Vilalba con Rábade. “Levamos anos pedindo que se cumpra o convenio co apoio de todo o pleno municipal”, lembra.
A alcaldesa de Vilalba reitera a necesidade de que a Xunta “aumente de forma urxente o financiamento que reciben os concellos para a Axuda no Fogar e impulse a posta en marcha dun centro de día, que tamén levamos moito tempo demandando mentres vemos como a Xunta os abre en concellos moito máis pequenos”.
“Tratarán de enganar e venderán outra realidade con partidas correspondentes a achegas e subvencións ás que teñen dereito os 313 concellos, ou con fotografías que veñen facerse a Vilalba, pero o compromiso demóstrase con feitos e investimentos”, remata a alcaldesa.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



