O Grupo Municipal do BNG de Ribadeo tomará as medidas necesarias para poder facer pública canto antes esta información
Ribadeo, 1 de outubro, 2024. O BNG denuncia que o goberno municipal do PP denega ao BNG de Ribadeo o acceso á información sobre a conta de ingresos e gastos por partidas do ano 2024 a 18 de setembro deste mesmo ano.
Como vén facendo en todo o mandato, o grupo municipal do BNG fixo uso do seu dereito a información pública por parte dos Cargos Públicos e solicitou, o pasado 18 de setembro, o acceso aos antecedentes, datos ou informacións sobre a conta de ingresos e gastos por partidas do ano 2024. Desde o Concello denegouse o acceso a esta información alegando que os datos requiridos xa serían postos en coñecemento dos membros da corporación no momento de efectuar a liquidación.
O voceiro do BNG ribadense, Pablo Vizoso, declarou: “Esta mañá atopámonos coa sorpresa de que, nun paso máis na deslealdade e falta de compromiso democrático, o goberno do PP decidiu que non ía poñer a disposición deste grupo municipal unha información relevante para coñecer a situación do gasto no que vai de ano. Levamos denunciando, desde case o comezo do mandato, un despilfarro descontrolado por parte do goberno municipal e agora este intento de impedirnos o acceso á información fainos ter unha preocupación maior sobre o disparado que pode estar ese gasto”.
“Nós facemos o noso traballo e fiscalizamos cada céntimo e cada decisión que toma este goberno; este negarnos o acceso ás contas para que non poidamos analizar as cifras non vai quedar así. Temos un compromiso coa veciñanza de Ribadeo e imos cumprilo. Volveremos solicitar a información cantas veces sexa necesario e estamos estudando as medidas concretas a tomar para evitar o ocultismo. Acudiremos ao Valedor do Pobo e ao resto de instancias xurídicas se é necesario. Porque as institucións son de todos; os tempos escuros xa vai tempo que marcharon, e se teñen algo que ocultar imos sacalo á luz”.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



