Sen Irene Samper e ante un duro e moi competitivo rival, o Pescados Rubén Burela FS remonta en Murcia nunha segunda parte maxistral e con dobrete de Dinha
Burela, 5 de outubro, 2024. Ás 18.00h desta tarde celebrouse a 5ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS na que o Pescados Rubén Burela FS se enfrontou ao STV Roldán FSF no pavillón murciano Gabriel Pérez Sánchez nun dos encontros de máis nivel da categoría, moi parello sobre todo durante a primeira parte e cunha incrible remontada do equipo burelense na segunda, á que chegan con dous goles de desvantaxe chegando a superar ao rival por tres tantos ao final do partido, cun resultado 2-5.
Comeza cos primeiros 3 minutos de dominio burelense pero sen chegar a materializarse moitas ocasións ata o minuto 4 no que o Roldán ten unha ocasión clarísima que vai cun disparo desde dentro da área que vai ao traveseiro de Ana Eliza. Ocasión de Cami que lanza un trallazo desde fóra da área e tenta coala xunto ao pau dereito pero Cristina detén o balón e no 7 un remate de Dany a un saque de esquina de Antía a punto estivo de lograr o primeiro tanto. Chega o primeiro do conxunto murciano no minuto 8 cun remate de Bárbara tras un saque de esquina e unha boa combinación entre as xogadoras. Boa parada de Ana Eliza no minuto 10 a un disparo de Andrea nun cara a cara tras un roubo, que a gardameta brasileira despexa coas mans. Domina o conxunto local o xogo durante a maior parte da segunda metade desta primeira parte, con subidas e baixadas de intensidade por parte do Burela que non logra recuperar a concentración ata o tramo final da primeira parte na que as laranxas aumentan unha marcha tentando empatar o partido e irse con mellores sensacións ao descanso, pero o Roldán logra desbaratar os plans do Burela. Anota o segundo tras unha das ocasións máis claras do partido que salva Ana Eliza nunha boa saída sacándoa á banda, pero no mesmo saque Mayte Mateos cóaa xunto ao poste cun disparo raso desde fóra da área. Chega o descanso con 2 goles de vantaxe para o conxunto local.
Sae con ganas de remontar o Pescados Rubén Burela FS nesta segunda parte e consegue recortar distancias no minuto 23 cun gol de Dinha tras unha boa dualidade con Dany que lla devolve colocándolla á perfección para anotar ese primeiro tanto. Paradón de Cristina García dous minutos despois a un disparo boísimo de Patricia que saca a porteira a córner co pé. Continúa o xogo moi igualado entre dous equipos de alto nivel e no 29 chega o dobrete de Dinha, un golazo pola escuadra tras un saque de banda e parede con Dany. Anímase notablemente o Burela e comeza o espectáculo das Pícaras, vixentes campioas da liga e a Supercopa. No minuto 32 Patricia logra poñer por diante no marcador ao conxunto que todo o gaña e un minuto despois, Carolina Pedreira aproveita moi ben un rexeite tras un disparo longo de Emilly que detén Cristina logrando o cuarto para as Pícaras. Con ansias de máis, no 35 Noelia Montoro anota o quinto tras unha boa xogada combinativa e é entón cando Killian Belmonte recorre ao xogo de 5 e consegue crear situacións de certo perigo como un pau de Ana Gandía nun cara a cara con Ana Eliza a tres minutos da bucina que ben puido recortar distancias. Mantense o marcador durante os últimos 5 minutos cun Burela firme en defensa e un Roldán cada vez con menos opcións de lograr a remontada.
A próxima semana Vista Alegre vivirá a primeira Tarde Laranxa da tempada nunha xornada dobremente especial, o equipo feminino xogará o derbi comarcal ante o FSF Castro Bloques Cando ás 21.30h, xusto despois da estrea do recentemente ascendido equipo masculino na liga de primeira división, con visita de Renato que se enfrontará ao seu equipo natal co Xaén Paraíso Interior ás 19.00h. Unha tarde ideal para abrir con forza esta tempada 24/25 nun Burela volcado co fútbol sala.
Ficha Técnica STV Roldán FSF 2-5 Pescados Rubén Burela FS FS
STV Roldán FSF (2): Cristina; Mayte Mateo, Ángela Górriz, Carmen, Rocío -cinco inicial-, Andrea, Alba Gandía, Mariángeles, Bárbara, Consuelo, Cecilia, Martinha, María V. (P) Entrenador: Killian Belmonte.
Pescados Rubén Burela FS (5): Ana Eliza; Dinha, Patricia, Noelia Montoro, Emilly- cinco inicial-, Cami, Antía Pérez, Dany (C), C.Pedreira, Cilene, Cristina. Entrenador: Julio Delgado.
Goles: 1-0, min 8: Bárbara. 2-0, min.19: Mayte Mateo. 2-1, min.23: Dinha. 2-2, min.29: Dinha. 2-3, min.32: Patricia. 2-4, min.33: Carolina Pedreira. 2-5, min.35: Noelia Montoro.
Árbitros: Antonio Navarro Liza (Murcia), Tiare Valencia Olivares (Andalucía), Adrián Cárceles Roca, Maica Torres Olmos.
TA: Antía Pérez.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



