Os deputados populares ven fundamental que o Ministerio de Industria convoque a mesa de seguimento de Alcoa así como a autorización dos parques eólicos vencellados á produción de enerxía para esta factoría a prezos competitivos
Lugo, 28 de outubro de 2024. O Grupo Provincial Popular defenderá no pleno de mañá unha moción de urxencia para que o Goberno central tome de inmediato medidas concretas para garantir a viabilidade de Alcoa: “non valoramos outro escenario que a unanimidade do pleno xa que é un problema que nos afecta a toda a provincia, non só á Mariña”, sinalaron.
Para os deputados urxe que o Ministerio de Industria e Turismo convoque a mesa de seguimento de Alcoa San Cibrao así como a autorización dos parques eólicos vencellados á produción de enerxía para a factoría mariñá a prezos competitivos.
No Grupo Provincial Popular tamén ven necesario que o Goberno do Estado consigne os 74M€ correspondentes ás compensacións da compra dos dereitos de emisión de CO2 indirecto que non percibiu entre os anos 2018 e 2021 e o aumento da dotación orzamentaria ata o máximo legalmente permitido pola normativa europea para compensar os custos indirectos por CO2 da industria electrointensiva.
ORZAMENTOS PROVINCIAIS PARA 2025
No pleno de mañá, os deputados populares defenderán unha batería de 50 medidas “para incorporalas ás contas provinciais do vindeiro ano”.
Ante a falta dun borrador de orzamentos e dunha convocatoria dunha xuntanza por parte do goberno provincial para abordar os presupostos do próximo ano, “no Grupo Provincial Popular fixemos o que non fan nin PSOE nin BNG, sentarnos cos alcaldes e portavoces dos 67 concellos da provincia para coñecer as súas principais necesidades e reivindicacións, de aí o documento que defenderemos no pleno de mañá xa que son as peticións dos veciños de toda a provincia”.
Os deputados populares explican que estas medidas buscan “a igualdade para todos os lucenses da provincia” e abarcan dende o mantemento das estradas provinciais, o ciclo da auga, a recollida dos animais abandonados ou a cooperación cos propios concellos.
Tamén se abordará outra iniciativa para que a Deputación de Lugo habilite unha partida orzamentaria para axudar a todos os profesionais do sector agrogandeiro que se viron afectados polas inclemencias meteorolóxicas e sufriron as súas consecuencias.
Moción que tamén pedirá que o apoio se faga extensivo a outras administración, como a Xunta de Galicia a través do incremento da partida orzamentaria para 2025 que a Consellería do Medio Rural dirixe a fomentar a contratación de seguros agrarios para facer fronte a este tipo de situacións; e que o Goberno do Estado colabore para paliar as consecuencias das inclemencias meteorolóxicas.
ROGOS E PREGUNTAS
Os deputados populares tamén preguntarán que ten pensado facer o goberno provincial cos bens inventariados e depositados na nave de Begonte (no polígono de Carral) e que se deberían de poñer a disposición de todos os municipios da provincia que os soliciten, así como a que van a destinar PSOE e BNG parte da liquidación dos tributos do Estado do ano 2022 que aínda non consignaron.
Tamén se presentarán dous rogos relativos ao mantemento das estradas provinciais, un referente á LU-P-5601, en Folgoso do Courel, que ten un treito no aire polo corremento de parte da terra sobre a que se asenta, e tamén sobre o estado das estradas LU-P-0802 e LU-P-2303, ambas en Begonte, que provocaron manifestacións por parte dos veciños dado o seu nefasto estado de conservación.























Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



