Os populares tamén ven necesario tomar as medidas necesarias nun acceso á praia do Acantilado así como esixir á Demarcación de Costas que efectúe as reparacións necesarias para devolvelo ao seu estado orixinal
Barreiros, 3 de outubro de 2024. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros veñen denunciando dende hai moitos meses o risco que hai para todos os veciños e turistas o estado no que se atopa unha fosa existente na praia de San Bartolo, ao carón da escalinata central de baixada á mesma, na súa marxe dereita, fosa de aproximadamente tres metros de ancho e dez de profundidade, con perigo para a integridade física e mesmo á vida humana de veciños e visitantes.
Ademais de dita fosa, existe outra, algo máis pequena, igualmente moi perigosa, ao pé dun paseo peonil, na zona detrás do Hotel-Restaurante Acantilado, e que a día de hoxe está sen valar nin sinalizar.
Neste senso, o voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, explica que “pese a todas as denuncias públicas que realizamos e todas as mocións que defendemos no pleno, nada se fixo” polo que “vémonos na obriga de insistir para que o Concello de Barreiros tome as medidas oportunas”.
Por iso, os concelleiros populares defenderán no vindeiro pleno unha moción que o goberno local de Barreiros vale de forma eficaz os accesos para impedir que calquera poida achegarse ás fosas, evitando así calquera risco.
Do mesmo xeito, tamén se pedira que se inste á Demarcación de Costas a que adopte as medidas necesarias para repoñer os dous afundimentos o seu estado orixinal.
A realidade é que estas fosas son moi perigosas, sobre todo pola noite e nas horas de pouca luz xa que poden ser dificilmente visibles.
“Consideramos unha absoluta neglixencia e dolo a xestión do Concello de Barreiros con respecto a esta situación, que se desentende de forma dolosa, grave e reiterada das competencias municipais atribuídas pola lexislación estatal, polo que instamos novamente a urxente toma de medidas de seguridade, mantemento e iluminación de dita zona, en especial das fosas xa referidas”, sinalou o voceiro popular, que engade que “no caso de que suceda calquera tipo de accidente o responsable directo será o Goberno Municipal xa que o mantemento dos espazos públicos e da seguridade das persoas non están a ser correctamente por parte do goberno local”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



