Xove, 16 de outubro, 2024. A Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego da provincia de Lugo organizou un obradoiro para establecementos turísticos no Lugar das Marías (Xove).
Baixo o título “Xerando máis valor para o meu establecemento turístico”, os Polos de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo, A Fonsagrada, Friol, Monforte e Sarria organizaron unha sesión de traballo para establecementos turísticos de toda a provincia de Lugo.
A directora territorial de Emprego en Lugo, Carmen José López, deu a benvida ás persoas participantes xunto a Francisco Lago, coordinador de Polos e técnico do polo de Mondoñedo. Nunha sesión dinámica as xerencias dos negocios turísticos da provincia participantes presentaron os seus proxectos e traballaron en grupos para identificar necesidades, fortalezas e retos para o sector.
Algúns dos establecementos que participaron son Luzada (Xove), Lugar das Marías (Xove), Casa Chaín (Pol), Casa do Cuco (Friol), Casa O Crego (Cervantes), Sons do Eo (Baleira), entre outros.