Barreiro, Balseiro e Serrano anunciaron a iniciativa nunha visita ao templo acompañados por representantes da Asociación Patrimonio Laurentino e concelleiros do PP en Lourenzá
Lourenzá, 8 de outubro de 2024. Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- instan ao Goberno de España a liderar e financiar con cargo a fondos estatais a obra de rehabilitación integral do mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá.
Os representantes do PP lucense na Cámara Alta explicaron a iniciativa durante unha visita ao templo acompañados por representantes da Asociación Patrimonio Laurentino e concelleiros do Grupo Municipal Popular. Concretamente, dirixiranse ao Executivo central para que elabore e execute un proxecto de intervención, en solitario ou en concorrencia con outras administracións, co fin de “preservar, protexer e poñer en valor esta xoia patrimonial, arquitectónica e relixiosa”.
Os senadores do PP explican que “desafortunadamente hoxe algunhas das súas estancias presentan gran deterioro o que non só está a impedir que sexan obxecto de visitas, senón que compromete a súa preservación de cara ao futuro, a pesar do seu importante valor como xoia do patrimonio histórico, cultural e relixioso”, aseguran.
O populares subliñan que “administracións como a Xunta de Galicia souberon ver este valor e demostraron a súa implicación co patrimonio laurentino promovendo obras de restauración e conservación no templo”. De feito, recentemente, culmina un investimento de máis de 360.000 € para rehabilitar a lanterna octogonal da igrexa despois de acometer no 2022 actuacións para eliminar os danos estruturais, reparar humidades interiores e renovar a instalación eléctrica cun investimento doutros 316.100 euros.
Con todo, “precisa unha actuación máis ambiciosa que require da colaboración entre administracións e tería cabida entre as financiadas con cargo a fondos estatais”, segundo explican.
A alcaldesa socialista do municipio anunciou a execución dunha obra de rehabilitación que superaría os 2 millóns de euros con cargo ao Plan Nacional para o Turismo do Xacobeo 2021, “que nunca chegou a executarse”, segundo inciden.
Establecéndose a colaboración entre a Diocese e a Dirección Xeral de Patrimonio, fíxose a solicitude de 3 millóns de euros dun proxecto de case 4,3 con cargo ao Programa do 2% cultural do Executivo estatal.
UNHA XOIA PATRIMONIAL, HISTÓRICA E RELIXIOSA
O mosteiro de San Salvador é, sen dúbida, un dos monumentos máis importantes e representativos deste municipio da Mariña lucense e tamén un referente do barroco galego. A súa fachada, finalizada no século XVIII polo arquitecto Fernando de Casas Novoa, considérase precedente arquitectónico da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago.
Foi fundado no século X polo conde Osorio Gutiérrez -tamén coñecido como Conde Santo, que se atopa enterrado nun sarcófago que se atopa na capela de Valdeflores da igrexa do mosteiro-. No século XII pasou de ser unha congregación familiar a depender da Orde Beneditina. A principios do século XVI, queda baixo a influencia de San Benito de Valladolid. No século XIX inicia a súa decadencia ata que entre 1910 e 1942 recobra a vida monástica da man dos monxes dependentes de Samos. Na actualidade acolle algunhas dependencias municipais e desde os anos 60 do século XX a edificación alberga tamén un interesante Museo de Arte Sacra.
Foi declarado conxunto histórico-artístico en 1974 e ten a consideración de Ben de Interese Cultural de Galicia, na categoría de Monumento. Ademais, é unha das paradas fixas dos peregrinos que percorren o Camiño Norte.

























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



