O voceiro dos socialistas no municipio, Pablo Díaz, desmente os anuncios feitos pola Xunta sobre esta dotación social e aclara que o financiamento provén dos orzamentos do Goberno de Pedro Sánchez
Abadín, 16 de outubro de 2024. O PSOE de Abadín, a través do seu voceiro Pablo Díaz, quere expresar publicamente o seu máis sincero agradecemento ao Goberno do Estado pola súa colaboración fundamental na construción da nova residencia de maiores do municipio. Este proxecto, considerado unha demanda histórica da veciñanza, será posible grazas á achega de 1,2 millóns de euros procedentes dos fondos europeos, xestionados polo Goberno Central. Nese sentido, Díaz quere desmentir rotundamente as afirmacións da Xunta de Galicia, que está a vender como propia a inversión na nova residencia de maiores do municipio.
“É importante que a cidadanía teña claro que a maior parte dos fondos que fan posible esta residencia proveñen do Goberno do Estado e non da Xunta de Galicia, como se dixo”, explicou Díaz. Aclarou, ademais, que aínda que a Xunta participa no proxecto, non é a responsable da achega económica, que provén dos orzamentos estatais vinculados ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O portavoz socialista manifestou o compromiso do seu partido coa transparencia e coa verdade: “Non permitiremos que se manipule a información nin que se atribúan méritos que non corresponden. O noso deber é recoñecer os esforzos de quen realmente fai posible esta residencia, que é o Goberno Central”.
“Este apoio do Goberno central é esencial para dotar a nosa poboación maior dun servizo tan necesario, garantindo 44 prazas en 22 habitacións dobres”, afirmou Díaz. O portavoz socialista subliñou que esta infraestrutura mellorará notablemente a calidade de vida dos maiores de Abadín e converterase nun motor de dinamización económica para o municipio, tanto pola creación de novos postos de traballo como polo impacto positivo na actividade local.
Díaz destacou, ademais, o impacto que esta nova infraestrutura terá no municipio: “Non só mellorará a atención aos nosos maiores, ofrecendo un servizo de proximidade e calidade, senón que tamén xerará emprego e impulsará a economía local”.
Para finalizar, o portavoz socialista reiterou o seu agradecemento ao Goberno do Estado e comprometeuse a seguir traballando para que proxectos coma este continúen avanzando. “O noso obxectivo é que Abadín siga progresando, e a construción desta residencia é un paso importante cara a un futuro mellor para todos os nosos veciños”, ao tempo que reiterou o compromiso dos socialistas para lograr “un futuro mellor para todos os nosos veciños a través dunha oposición que constrúe, sen deixar lugar á manipulación.”























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


