O Capóns de Vilalba Rugby Club, en colaboración co Concello e a Federación Galega de Rugby, organiza unha cita que traerá á capital chairega 16 clubs e máis de 300 rapaces e rapazas
Vilalba, 9 de outubro de 2024. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a Concelleira de Deportes, Paula Vigo, presentaron hoxe a I Concentración de Escolas de Rugby xunto ao presidente do Capóns de Vilalba Rugby Club, Alfredo Pintor, cuxo equipo será o anfitrión da xuntanza.
O vindeiro sábado 19 de outubro, a partir das 10:30 horas, terá lugar a I Concentración de Escolas de Rugby da tempada no Estadio Municipal da Madalena e o campo anexo, recentemente acondicionado polo Concello para a práctica do rugby.
“Estamos comprometidos co deporte e coas nosas instalacións deportivas, así o amosamos coas numerosas inversións e actuacións que vimos de realizar na meirande parte delas”, sinalou a alcaldesa, Marta Rouco, quen engadiu que “no campo de rugby levouse a cabo un adecentamento para adaptalo á práctica deste deporte, colocando dúas novas porterías e acondicionando o terreo á normativa”.
Grazas a este evento, chegarán a Vilalba tódalas escolas de rugby base de Galicia, é dicir, 16 clubs de rugby procedentes de diversos municipios galegos. O que suporá unha concentración de máis de 300 rapaces e rapazas que practican este deporte en catro categorías diferentes: M6, M8, M10 e M12.
Nesa liña, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, amosou o seu agradecemento ao equipo anfitrión, o Capóns de Vilalba Rugby Club, a quen recoñeceu “o magnífico traballo que fai, o seu compromiso con este deporte e a súa predisposición para organizar eventos deste nivel, que son un beneficio para o deporte pero tamén para a vila e para todos os veciños e veciñas”.
Ademais da colaboración do Concello de Vilalba, a organización tamén contará co apoio da Federación Galega de Rugby que nesta ocasión depositou a súa confianza en Vilalba para convertela, por primeira vez, no epicentro da I Concentración de Escolas de Rugby.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



