Rosana Pérez advirte que a viabilidade dunha parte do sector, sobre todo das artes menores, está en risco polos recortes nas principais especies
Santiago de Compostela, 26 de novembro. O BNG vén de acadar o apoio da maioría do Parlamento a unha iniciativa para defender o sector pesqueiro galego nas negociacións da Unión Europea sobre os TACs (total admisible de capturas) y cotas para o vindeiro ano, pendentes da decisión final no Consello de Ministros de Pesca que se vai celebrar en decembro.
“As expectativas non se presentan en xeral favorábeis”, advertiu a portavoz nacionalista de Pesca, Rosana Pérez, durante a defensa proposición non de lei aprobada para reclamar ao Goberno do Estado, entre outras cuestións, que faga valer ante a Unión Europa a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (11 de xaneiro) na que recoñece nitidamente a importancia de atender as cuestións sociais e económicas e non só as medioambientais á hora de fixar as cotas das diferentes especies porque o contrario contribuiría á paralización da frota.
Agás no caso do peixe sapo e o rapante, que poderían ter un aumento de cota, as perspectivas volven ser “moi preocupantes” para a frota galega e poderían supoñer “o empurrón definitivo para comprometer seriamente o futuro de amplas capas do sector e, no caso de Galiza, tamén a economía do País”, apunta Rosana Pérez na súa iniciativa, na que se reclama ao Goberno do Estado que vete calquera redución de cotas que non vaia na liña da sentenza do TXUE ou que afecta á viabilidade da frota galega, nomeadamente á de baixura. Nin os gobernos do PP nin os do PSOE traballaron até o de agora o suficiente para facer valer na UE o peso da frota galega, advertiu.
A deputada nacionalista incidiu no “auténtico drama” que está a vivir especialmente a frota do cerco, pero non só, polos recortes nas cotas deste ano, aos que se suma o “abandono obsceno” da Administración co impago das axudas polo paro biolóxico do 2023. Sobre este punto, a iniciativa reclama ao Ministerio de Pesca que avance nas medidas de cobertura económica da frota que se vexa afectada pola posíbel redución de cotas e que resolva e pague as eventuais axudas por paros biolóxicos nun prazo non superior a tres meses dende a súa convocatoria.
Á espera da reunión de decembro, o pasado 31 de outubro, a Comisión Europea xa fixo as súas propostas que, no caso do xurelo sur, na zona IXa (de Fisterra ao Golfo de Cádiz) propón un aumento do 5 %. Porén, alertou a deputada do Barbanza, hai que ter en conta que o ICES recomendou recortalo un 66 % e que no 2023 a suxestión científica foi a que prevaleceu.
No caso do xurelo na zona VIIIc, de Fisterra para o norte, o ICES aconsella pasar da cota cero dos dous últimos anos a 75.545 Tn., máis neste caso faltan as negociacións da UE con outros países do Atlántico cos que comparte xestión, ao igual que no caso do lirio, onde a recomendación do ICES é dunha rebaixa do 5,4 %, explicou Rosana Pérez.
Para o bocarte, a redución “é brutal”, continuou, e no caso da xarda “xa son varios anos nos que as Illas Feroe e Noruega, que pacta co Reino Unido, veñen asignándose cotas unilateralmente sen que a UE teña actuado para impedilo. Segundo o ICES, a autoasignación vén reducindo sensiblemente o recurso e, para 2025, propón rebaixar a cota un 22 %.
Fronte a esta situación, a proposición non de lei do BNG aprobada na Comisión de Pesca, avoga por que a UE tome medidas para impedir a entrada no mercado europeo de xarda procedente de países que se asignan cotas unilateralmente.
Rosana Pérez enumerou outros recortes previstos, como o do abadexo (36 %), linguado (35%) ou sardiña, sobre a que o IEO xa advertiu que as campañas científicas levadas a cabo xunto co IPMA portugués aprecian unha importante diminución da biomasa, o que podería provocar novos recortes do tope.
Outro dos puntos da iniciativa apoiada por unanimidade é que demandar o Ministerio unha xestión interna das cotas que evite a distorsión que se dá na actualidade entre as distintas zonas do Estado e que non sexa causa da especulación das posibilidades de pesca e da discriminación que se vén producindo ata o de agora.
O Parlamento tamén insta á Xunta a elaborar, en previsión de novos paros para 2025 por escaseza de cotas, o seu propio plan de axudas económicas para a frota galega, como complemento ás do Goberno do Estado. Ademais, á Xunta pídeselle que achegue ao Goberno do Estado os estudos dos que dispoña e que poidan contribuír a determinar a situación dos stocks “para un establecemento acordo dos TAC en cada caso e que permitan a planificación do sector e a súa viabilidade”.
Instar ao Goberno do Estado e á Unión Europea a iniciar o procedemento que leve a unha profunda reforma da PPCV que evite a desaparición da frota galega é o último punto da proposta acordada a iniciativa do BNG.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



