Ribadeo, 18 de novembro de 2024. Ribadeo inviste 20.000 euros na rehabilitación de varias fontes, grazas á colaboración da Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “estamos rehabilitando as fontes do noso Concello, concretamente catro nestes momentos dentro dun proxecto que temos, que se chama Fontes Vivas. Estamos a xestionar 20.000 euros da Xunta de Galicia, é dicir un orzamento que nos ven para rehabilitar todas as fontes e polo tanto o Concello non pon nada do seu orzamento, do seu presuposto”.
O rexedor declarou: “agradecer, en primeiro lugar á Xunta de Galicia a colaboración. Segundo, temos que poñer en valor todo ese patrimonio, todo ese legado que nos deixaron os nosos antepasados, un patrimonio que nos foi regalado e agora temos a obriga de conservar. Con estes 20.000 euros estamos rehabilitando a fonte mais o lavadoiro da Graña, tamén a fonte do Valín, a fonte de Agrelo en Cedofeita, e tamén as fontes en Cubelas e en Arante nos Besteilleiros, ao lado mesmiño da estrada encóntrase unha fonte que está completamente abandonada. Abandonadas estaban todas, había unha deixadez bastante importante e o que queremos é ir poñendo en valor e conservando todas as fontes. Nestes momentos son 20.000 euros, pero imos xestionar máis na Xunta de Galicia no próximo ano e vamos así ir arranxándoas todas”.
Vega subliñou: “queremos que ese patrimonio estea conservado. É moi importante xestionar para investir e arranxar, pero tamén é moi importante conservar o que facemos. Polo tanto, tamén vamos ter esa conservación continua para que non entren nun abandono como estaban. Toda esa recuperación, todo ese traballo, que foi unha proposta que recolliamos cando nos presentábamos as eleccións, agora xa estamos cumprindo e arranxando todas esas fontes cun orzamento de 20.000 euros coa colaboración da Xunta de Galicia”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



