Foi no quilómetro 0 da LU-P-4602. O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente pouco antes das 23:00 horas de onte. O particular que alertou indicou que un vehículo sufrira unha saída de vía e caera ao río. Ademais, o alertador pensaba que o condutor podía estar atrapado. Rapidamente, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pol. A dotación de bombeiros tivo que empregar o material de excarceración para liberar ao condutor, xa falecido logo do accidente.
Unha persoa perdeu a vida ao caer co seu coche ao río en Pol
Unha persoa perdeu a vida ao caer co seu coche ao río en Pol
Relacionado
-
O Concello de Vilalba sorteará dúas cestas de Nadal no baile do día 22 de decembro
-
A Xunta adxudica as licenzas de practicaxe de buques para, entre outros, Cariño, Burela e Viveiro
-
O PSdeG provincial considera “premeditado e ofensivo” que a Xunta poña en dúbida “o arraigamento” da Feira do Capón de Vilalba