Esixe á Consellería de Sanidade e á Xerencia da Área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte , que exerza as súas competencias e que empregue os recursos necesarios para garantir unha atención sanitaria de proximidade
Burela, 20 de decembro de 2024. CIG Saúde A Mariña denuncia que o hospital atópase dende o 13 de novembro cunha soa especialista en uroloxía das tres prazas que ten dotadas o centro. En decembro do 2023 coa marcha do entón xefe da unidade, vai xa 1 ano, Uroloxía quedou de xeito crónico con so dous facultativos.
Dende pasado mes de novembro, por ausencia do segundo facultativo, o servizo de Uroloxía subsiste cunha soa especialista .
Segundo a Central Nacionalista, o Hospital da Mariña debera estar dotado de cando menos 4 médicos especialistas en Uroloxía para cubrir as necesidades dunha comarca con mais de 72.000 habitantes e poder ofertar un servizo de calidade cubrindo as seguintes necesidades:
1.-Dúas consultas diarias activas.
2.-Dous quirófanos de patoloxía oncolóxica mais dous quirófanos de cirurxía ambulatoria semanais.
3.-Probas diagnósticas como por exemplo biopsias para descartar patoloxías oncolóxicas.
4.- Atender aos pacientes ingresados a seu cargo.
5.- Cubrir as gardas médicas da especialidade.
CONSECUENCIAS DE TER UNHA SOA ESPECIALISTA EN UROLOXÍA
Dende CIG Saúde A Mariña explican novamente que “cun só unha Uróloga é imposible atender dúas consulta diarias, pacientes ingresados na planta, facer as probas diagnósticas, manter a actividade cirúrxica e asumir o cadro de gardas hospitalarias”, polo que:
1.- Os pacientes ingresados permanecen no Hospital da Mariña ata o venres, día en que son trasladados ao Hula por falta de especialistas durante o fin de semana.
2.-Derivación ao Hula de pacientes con prioridade 1 tanto para consultas como para intervención cirúrxicas e derivación de pacientes con prioridade 3 a centros privados de Lugo de doentes que levan ata dou anos esperando esperando para ser operados.
3.- Mantéñense activas tan so 2 consultas a tempo parcial por semana, vendo soamente un total de 20 pacientes. No ano 2022, con tres Urólogos en plantilla atendíanse 130 pacientes á semana.
4.- Xérase unha lista de espera temeraria con pacientes pendentes de citar dende 2019.
5.- A actividade cirúrxica pasa de asumir 2 quirófanos de patoloxía oncolóxica á semana a 2 quirófanos en todo o mes de decembro.
CONSECUENCIAS DE QUEDARNOS SEN URÓLOGOS
1. O Hospital da Mariña non asume ingresos de pacientes de Uroloxía.
2. Os pacientes de Uroloxía que precisan de ingreso son trasladados ao HULA onde chegan sen cama asignada, tendo que acudir por Urxencias.
3. Desprográmase a citación de consultas, tanto primeiras como revisións.
4. Aumentarían inda mais as listas de agarda tanto para a realización de probas, como para as primeiras consultas diagnosticas como para as consultas de revisión imprescindibles, multiplicando deste xeito as longas listas actuais.
5. Suspendese toda actividade cirúrxica.
6. Peche do servizo de Uroloxía da Mariña.
A situación de Uroloxía reforza “o que dende CIG-Saúde da Mariña vimos advertindo, o abandono absoluto no que se atopa o Centro Hospitalario e a veciñanza da Mariña por parte da Consellería do SERGAS coa complicidade do Xerente da Área Sanitaria de Lugo e da Dirección do Hospital da Mariña”. “Cansáronse de dicir que pasar a depender de Lugo ía traernos máis e mellores servizos e o tempo danos a razón” sentencian dende a Central Nacionalista. Este é o froito das políticas sanitarias do Partido Popular polas cales “atopámonos con menos e peores servizos, máis derivacións e ingresos no HULA de pacientes da Mariña, máis listas de agarda e a imposibilidade de garantir una sanidade digna e de proximidade que releva aos mariñaos e mariñás a pacientes de segunda categoría”, sinalan dende a CIG-Saúde.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



