Ribadeo, 27 de decembro de 2024. Acisa Ribadeo fai un balance moi positivo do 2024. Neste ano que remata o colectivo empresarial organizou preto de 50 actividades, colaborou en máis de 10 eventos doutras entidades e roza os 170 asociados e asociadas. O obxectivo para o 2025 “é seguir medrando en número de socios”, segundo subliña a presidenta, Carmen Cruzado.
A presidenta de Acisa indica que “queremos que máis empresas se sumen a Acisa Ribadeo. A organización de actividades, a entrega de materiais gratuítos, o asesoramento e a colaboración avalan o traballo que estamos a realizar, o proceso de remodelación que vimos de facer e as novas axudas permitirannos ofrecer mais e mellores servizos. Nesa liña, na programación de accións que redunden na dinamización do noso tecido empresarial e de Ribadeo, imos seguir. Insistimos en que cantas máis empresas sexamos en Acisa moito mellor para todo o empresariado ribadense, porque poderemos facer máis forza diante das administracións para conseguir subvencións destinadas á dinamización do comercio, da hostalería e dos servizos en Ribadeo. E todo iso redundará na economía local. Os pobos teñen vida, grazas ás súas tendas, aos seus bares e restaurantes, aos seus autónomos, as súas empresas… e Ribadeo segue sendo un lugar elixido para emprender e para levar adiante proxectos de vida. E iso é moi importante”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “hoxe facemos balance do 2024 no que organizamos 48 actividades, cifra récord e repartimos un gran numero de materiais, preto de 60.000. Colaboramos con 13 entidades ou eventos deportivos, culturais ou festivais como o Torneo de Veteranos, coa SD Ribadeo, coa Media Maratón, co Xara Fest, co Vendaval Fest e coorganizamos, xunto ao Concello o Entroido, o Ribadeo Indiano ou o Nada, actividades que atraen a miles de potenciais clientes ao longo do ano”.
E conta que “pechamos o 2024 con preto de 170 socias e socios, mantendo un número moi relevante tras a remodelación e modernización de Acisa e que estamos a ver como medra nas ultimas semanas tras este proceso e mediante a nova campaña de captación que está en marcha”.
Pérez Prada declara que “estamos moi satisfeitos co traballo realizado este ano, puidemos asentar campañas importantes como o Rasca e Gaña, as xornadas de exaltación gastronómica, o cursos de formación, e con melloras noutras citas como San Valentín, as xornadas Asturias en Ribadeo… Tamén seguimos a colaborar co Concello de Ribadeo nas Panchas, no Ribadeo Indiano, coa a Xunta no Bono Activa, coa Federación de Comercio, nas súas campañas como os Días Azuis ou Merca Local … e no tocante aos materiais puidemos repetir cos vasos de plástico, vasos térmicos, envases e bolsas de comida para levar, bolsas de botellas de viño, bolsas para o comercio, mapas turísticos, materiais de rebaixas e este ano incluímos tamén como novidade os vasos para o ocio nocturno e as bolsas de comercio de tea”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinala que “Ribadeo segue sendo referente comarcal tanto en Galicia coma en Asturias no comercio, na hostalaría e no turismo e tamén a nivel nacional. Somos o mellor lugar para comprar, para saborear a exquisita oferta gastronómica da nosa hostalería e somos o centro comercial coas mellores vistas. Poucos lugares poden ofrecer tanto coma Ribadeo. Dende Acisa seguiremos a traballar nos nosos obxectivos, que son facer medrar a Ribadeo e aos seus negocios, axudando a manter eses mais de 600 postos de traballo que xeran os nosos asociados e asociadas e tamén queremos que a nosa asociación siga en auxe para poder organizar moitas mais actividades. Un dos principais obxectivos para o 2025 é seguir medrando en número de negocios asociados, é algo no que levamos traballando desde que chegou esta directiva a Acisa no verán de 2022”.
O xerente de Acisa manifesta que “se falamos de cifras este ano 2024 manexamos un presuposto que no peche de contas roldará os 138.000 euros, aumentando así as previsións iniciais e o presuposto do ano anterior e que estimamos que puideron xerar varios millóns de euros en movemento económico ao longo de todo o ano. Mais de 51.000 euros foron para campañas propias de Acisa, mais de 21.000 destináronse a materiais gratuítos para socios, repartíronse mais de 7.000 euros en vales de compras así como dous grandes premios en forma de viaxes, valorados en preto de 5.000 euros, e destinamos preto de 6.000 euros a colaboracións con outras entidades. Outro dato record foi o dos ingresos por patrocinios privados que neste 2024 estiveron confiando e apoiando a Acisa cunha cifra histórica que chegou aos 15.230 euros. Iso quere dicir que somos un referente para eles e que o noso traballo, a nosa asociación e as actividades que organizamos son un bo escaparate para estas firmas”.
Cruzado Iglesias ten palabras de agradecemento para a iniciativa privada: “agradecemos a grande axuda das empresas privadas que estiveron con nós na Festa do Comercio do 2024 e van estar no 2025, estiveron na Gala de Acisa e volverán estar, contamos con empresas para o Ribadeo Indiano e contaremos de novo coa súa presenza o vindeiro ano. E grazas tamén ás firmas asociadas que estiveron ao noso carón noutras campañas, doando premios, algo que tamén é de agradecer e de destacar neste peche do ano. Tamén aproveitamos a ocasión para lembrar a colaboración da OPP de Burela, de Celtagal e de Asoporcel, xa que grazas á súa xenerosidade puidemos organizar diversas xornadas gastronómicas ao longo de 2024, que foron un reclamo para Ribadeo e para a súa hostalería”.
Pérez Prada subliña que “xeramos unhas 1.000 publicacións en prensa, o noso perfil de Facebook segue medrando con mais de 6.000 seguidores e varios centos de miles de visualizacións ao ano e a nosa web conta con mais de 50.000 visitas anuais, servindo estas plataformas como medios de publicidade e promoción dos nosos asociados e asociadas” .
Dende Acisa, presidenta, xunta directiva e xerente, agradecen a os seus socios e socias a súa confianza, no traballo que realizan. E engaden: “queremos tamén dar grazas ás administracións local, provincial e autonómica por seguir colaborando con nos ao longo do ano, atendendo as nosas necesidades e peticións. Falamos do Concello de Ribadeo, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia. Aproveitamos a ocasión para desexarlle á veciñanza de Ribadeo e aos visitantes un feliz e próspero 2025 e animámolos a seguir apostando por esta vila, polo seu comercio, pola súa hostalería, polos seus servizos e por Ribadeo como destino turístico”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



