“Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI” deixa ao descuberto as artimañas da empresa para presentar o seu Proxecto Gama como sostible
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024. A organización ecoloxista ADEGA lanza o Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI, un libro da autoría do doutor en Bioloxía e ex-presidente de ADEGA Ramón Varela Díaz que debulla os impactos da macrocelulosa proxectada por Altri-Greenalia en Palas de Rei. A publicación foi presentada este mércores en rolda de prensa na Libraría Couceiro en Compostela por parte do propio autor, acompañado do secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas.
Trátase dun libro de carácter divulgativo desenvolvido a partir da análise detallada do Estudo de Impacto Ambiental e da Autorización Ambiental Integrada presentadas por Greenfiber -participada por Altri e Greenalia-, promotora do Proxecto Gama. Nesta edición, Ramón Varela deita luz sobre os numerosos impactos ambientais que comporta a macrocelulosa e que tanto a Xunta de Galiza como a empresa teiman en minimizar. Faino a través dun exhaustivo informe artellado en cinco grandes apartados: unha introdución aos conceptos chave para comprender o funcionamento interno dunha celulosa, o estudo dos vertidos do proxecto ao río Ulla, a avaliación das emisións atmosféricas, a análise da xeración de residuos e unha radiografía do sector da celulosa e papel-cartón no Estado español e en Europa.
A intención desta publicación é e pola outra, favorecer unha opinión crítica da veciñanza directamente afectada e do conxunto da poboación galega en torno ao proxecto de implantación desta factoría. Ao longo de 120 páxinas, Varela Díaz demostra, en base a análises comparativas con outras celulosas de Galiza, do Estado e de Europa, que o Proxecto Gama de Altri e Greenalia constituiría unha das celulosas con maiores impactos sobre o aire, a terra e a auga de Galiza.
Altri, un novo atentado ambiental para o país
En rolda de prensa, o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, fixo repaso do intenso labor divulgador de Varela Díaz ao longo de toda a súa traxectoria e puxo en valor o lanzamento desta publicación nun momento crucial de loita contra a macrocelulosa. “Xa ninguén pode acreditar que se trate dunha biofábrica de fibra téxtil. Os datos debruzados magnificamente por Ramón Varela poñen en evidencia que se trata dunha celulosa altamente contaminante”. “O informe de ADEGA que hoxe se presenta”, explicou, “tira conclusións partindo unicamente de datos oficiais, polo que a Xunta non pode dicir que non sabía. Aquí están os datos. Sra. conselleira, tome nota!”.
Pola súa banda, o autor do libro, Ramón Varela, asegurou ante os medios que traer a Galiza unha celulosa coma esta é unha “grave irresponsabilidade”. “Para min”, dixo, “é unha obriga divulgar os datos que coñezo, sabendo que Altri suporía un novo atentado ambiental para o país. Se ben a tecnoloxía avanzou moito, o modelo de Altri é propio dos anos 70”. O doutor en bioloxía fixo un chamamento a investir na recuperación de actividades tradicionais e estratéxicas como a pesca na ría de Arousa, e a “non regalar a mans cheas cartos públicos para industrias que non crean riqueza e que se autodenominan de enclave”.
Xa á venda! Pide o teu exemplar!
O “Informe Altri: Celulosa do século XX para o XXI” contará cunha tirada inicial de 500 exemplares, que terán un custo de 15 euros por exemplar (10 euros para persoas socias de ADEGA). Poderase adquirir nos locais de ADEGA en Santiago de Compostela e Lugo, mais tamén se poderá solicitar o seu envío postal a calquera domicilio (con cargo dos gastos de correo) a través do seguinte formulario: https://forms.gle/vUkaQDDGFmzy3FPE7. Tamén se poderá adquirir esta publicación na mobilización nacional do vindeiro domingo 15 de decembro, nos postos que ADEGA terá instalados na Alameda e na Praza do Obradoiro. Todos os fondos recadados a través da venda deste libro irán destinados á campaña de ADEGA contra a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei.
Presentación en Melide o venres
A primeira presentación pública do libro terá lugar o próximo venres, 13 de decembro, ás 19:30 horas no Centro Multiuso de Melide. Nela participará o propio autor acompañado de membros de ADEGA. A organización fai un chamado a toda a veciñanza directamente afectada a acudir a este acto de presentación, onde tamén se poderán adquirir exemplares.
O autor: Ramón Varela Díaz
Ramón Varela Díaz é doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Madrid, ex-catedrático de Bioloxía e Xeoloxía e profesor durante 35 anos. Foi Secretario Xeral de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) desde 1979 a 1981, e o seu presidente entre 1981 e 1996. Promoveu a I Lei de Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa do Bosque Autóctono no ano 1989, apoiada por 35.000 asinantes e da que foi o seu defensor no Parlamento de Galiza. Nos anos 90 formou parte, como responsable, do Grupo de Traballo de Agricultura dos Grupos Ibéricos do BEE (Bureau Europeo de Medio Ambiente), que expuxo en Bruxelas a oposición ás celulosas.
Publicou como autor e coautor unha decena de libros sobre temas relacionados co medio ambiente e manuais de texto de Bioloxía e Ciencias do Medio Ambiente para alumnado de Bacharelato e Educación Secundaria Obrigatoria. O seu labor divulgador levouno a publicar máis dun cento de artigos na prensa diaria e semanarios. Pronunciou ducias de conferencias sobre ecoloxía e medio ambiente, e participou e dirixiu diversos estudos de investigación sobre o medio galego.
Agradecementos
A organización ecoloxista quere facer un especial agradecemento a Ramón Varela por confiar en ADEGA a edición do seu traballo e pola súa contribución incansable ao estudo do medio ambiente e á creación de conciencia ecolóxica no país. Edita, igualmente, esta publicación como agradecemento a todas as persoas e colectivos que poñen o corpo e a alma na defensa da terra, da Ulloa ata Arousa, e da Galiza enteira contra a instalación da macrocelulosa de Altri; en particular, a aquelas plataformas conformadas pola veciñanza máis directamente afectada, Plataforma Ulloa Viva e e Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, que non esmorecen nos ánimos.


















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



