Lugo, 2 de decembro de 2024. O programa Lugo Termal2024 da Deputación de Lugo comezou con éxito rotundo no primeiro día de inscricións, con colas durante toda a mañá no Rexistro do Pazo de San Marcos. Desde as 9 da mañá deste luns, veciños e veciñas da provincia presentaron as súas solicitudes, superando as 600 solicitudes tanto de forma presencial como telemática, o que reflicte a gran acollida desta iniciativa entre os lucenses.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, resaltou que a boa resposta da veciñanza confirma o crecemento do programa de termalismo da institución. “O Lugo Termal segue a afianzarse pola mellora constante e á forte demanda que ten entre os lucenses, demostrándoo ano tras ano, e este 2024 non é unha excepción”. Dende hoxe mesmo, “comezamos co proceso de validación das solicitudes, e dependendo da demanda, temos previsto ampliar nun 20% as prazas dispoñibles”, explicou Pablo Rivera.
Así mesmo, apuntou o Deputado o importante esforzo inversor da Deputación nesta nova edición, incrementando a súa achega de 91.000€ a 121.605€, o que permitiu aumentar en máis do 30% as prazas do programa, que agora ascenden a 1.750. “Isto supón unha notable mellora, dado que a Xunta de Galicia ofrece para toda a comunidade autónoma 1.230 prazas, das cales 520 menos das que ofrece a Deputación só para a provincia de Lugo”, subliñou.
O Lugo Termal 2024 ofrece descontos de entre o 10% e o 20% para que as persoas lucenses de 50 anos ou máis poidan desfrutar dos servizos termais dos catro balnearios da provincia: Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz. A iniciativa tamén permite que os participantes poidan acudir cun acompañante sen límite de idade.
Prazo de inscrición aberto ata esgotar prazas
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2025, ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Deputación, descargando o formulario na súa web ou no BOP. As solicitudes tamén se poden entregar de forma presencial no Rexistro do Pazo de San Marcos.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



