A finalidade é destacar aquelas actuacións e proxectos que impliquen un alto grao de compromiso coa mellora da convivencia escolar e do benestar emocional
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2024. A Xunta de Galicia, comprometida coa convivencia e o benestar nas aulas, recoñece o traballo e compromiso de oito centros educativos nesta área a través da segunda edición do Premio ConVivimos, unha das medidas incluídas no Plan integral contra o acoso e o ciberacoso da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
Con esta iniciativa, o Goberno galego quere destacar aquelas actuacións e proxectos desenvolvidos desde os centros educativos galegos que impliquen un alto grao de compromiso coa mellora da convivencia escolar e do benestar emocional, así como para visualizar o esforzo realizado polos centros neste eido.
Os centros premiados na categoría A, destinada a centros de Educación Primaria, son o colexios CEP Plurilingüe de Riomaior (Vilaboa), que acada o primeiro premio; o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Burela), que se fai co segundo galardón; o CEIP do Foxo (A Estrada), que leva o terceiro premio, e o CEP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra (A Proba do Caramiñal), que obtén a mención de honra.
No caso dos centros pertencentes a categoría B, destinada aos de Secundaria -abrangue ESO, Bacharelato, FP, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial-, o Centro Integrado de FP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) acada o primeiro premio, mentres que o segundo galardón recae no Instituto de Poio, seguido do terceiro para o IES Auga da Laxe (Gondomar). A mención de honra é para o IES David Buján (Cambre).
Os centros galardoados co primeiro premio reciben 5.000 euros, mentres que o segundo premio conta con 2.500 euros e o terceiro con 1.000 euros. Os centros que logran a mención de honra obteñen 500 euros.
‘Xirarei polo Morraso’ do colexio Riomaior
O CEP Plurilingüe de Riomaior de Vilaboa obtén o primeiro premio na categoría de centros de Primaria polo seu proxecto Xirarei polo Morraso. Con este traballo, o centro pretende mellorar a convivencia, a práctica de exercicio físico cara á mellora do benestar físico e emocional e o deseño universal da aprendizaxe. Estas son as liñas prioritarias do centro a través dun traballo internivel, gamificado e por ámbitos competenciais, tendo como eixo dinamizador a biblioteca escolar. Para lograr estas melloras realizáronse charlas para o alumnado, actividades sobre sensiblización e titorías entre iguais, así como mediación escolar.
‘Educar para ben estar’ do CIFP A Carballeira
Na categoría de centros de Secundaria, o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense acada o primeiro premio co seu traballo Educar para ben estar, centrado no fomento da convivencia e benestar emocional, o respecto e a igualdade. O centro desenvolve, a través deste proxecto, actuacións centradas na formación do profesorado e do alumnado en mediación de conflitos, na realización de xornadas de convivencia a través do deporte, mesas redondas para traballar sobre a visibilidade de diferentes colectivos e clubs de lectura para concienciar sobre o respecto e a igualdade, entre outras accións.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



