Ribadeo, 21 de decembro de 2024. Ribadeo planifica a inversión a realizar no 2025. Onte foi aprobado o orzamento para o vindeiro ano, que supera os 13 millóns de euros.
O alcalde, Dani Vega, contou que “Ribadeo xa conta cuns novos orzamentos, 13 millóns de euros para 2025. Mais aló dos orzamentos, tamén planificamos inversión cunha achega de 950 mil euros. Por qué queremos ter esta planificación orzamentaria? Porque en moitas ocasións os convenios son do 100% da Xunta de Galicia, pero outras veces non é así, e temos que poñer nos unha porcentaxe por parte do Concello”.
O rexedor relatou que “por exemplo, na mellora das rúas que vai ter Ribadeo, que vamos a solicitar as subvencións a través do Plan Urbe da Xunta de Galicia, a administración galega aporta o 70 e nós temos que aportar o 30. Para ter garantía, para ter esa planificación orzamentaria, para ter seguridade tamén de que o Concello pode aportar, aprobamos partidas concretas para mellora de rúas. Menciono as rúas onde a situación está bastante complexa e debemos investir. Falo da rúa da Paz, a rúa San Francisco, a rúa Reinante, a rúa Vilalba, Barrio da Torre, Suso Peña, Alza San Lázaro ou tamén a Avenida de Galicia arranxos puntuais que vemos que están nunha situación bastante complexa. Para todas estas rúas temos que ter unha porcentaxe municipal e iso xa o temos garantido con preto de 300.000 euros que aportará o Concello”.
Vega explicou que “se vamos decidir tamén investir en Rinlo, preto de 100.000 euros, para poñer porcentaxes porque o restante vai poñelo a Xunta de Galicia. Os Plans Urbe a Xunta subvenciona o 70 e o Concello aporta o 30%. Isto que nos parece unha responsabilidade económica, que nos dá unha tranquilidade orzamentaria, desde un punto de vista de intervención dos técnicos do Concello, foi o que se nos recomendou e nosoutros, como goberno, evidentemente decidimos tela planificación orzamentaria non só para o 2025, sino tamén para o 2026 e 2027, é dicir ter unha planificación de lexislatura”.
O alcalde dixo que “si queremos adquirir Casa Maseda xa imos ter unha partida municipal de 110.000 euros, e o restante, é dicir a reforma do edificio, a creación da oficina de turismo de Ribadeo e tamén a oficina de turismo de Galicia, evidentemente investirá a Xunta. Cando vamos a investir, despois de moitos anos de certo abandono nas instalacións deportivas, vexamos o exemplo no pavillón que está situado na rúa Alfredo Deaño, o Pepe Barrera na entrada, ou nos vestiarios ou o pavillón de Cubelas ou o tan necesario campo de herba artificial, pois eu podo querer moito neles, pero senón doto de orzamento, pois evidentemente son palabras, pero non feitos. E nosoutros neste caso xa aprobamos unha partida orzamentaria de 400.000 euros para un proxecto total de 800.000. Quen vai aportar o restante? En principio, temos xa a garantía de que a Xunta de Galicia aportará o 50%, é dicir 400.000 euros para que a mellora nos edificios deportivos sexa unha realidade despois de moito tempo. Esperemos que a Deputación nos aporte porque todos os grupos políticos apoiaron unha moción que presentou o goberno municipal e todos pediámoslle á Deputación que aporte unha porcentaxe. Se aporta a Deputación, o Concello ten que aportar moito menos, é dicir gastaríamos moito menos de orzamento municipal. Así espero que aconteza”.
O rexedor seguiu a relatar: “tamén o auditorio, sabemos todos que o escenario está nunha situación bastante lamentable, decidimos investir 50.000 euros dunha achega municipal, pero imos xestionar un orzamento coa Xunta de Galicia. Necesitamos ter esa tranquilidade de que se vai investir en equipamento municipal, na praza de abastos, é dicir despois de moitos anos, xa vai a ver un orzamento que vai garantir o proxecto da reforma da praza de abastos ou na mellora do alumeado público. É dicir estamos aprobando uns orzamentos caro ao 25, pero estamos aprobando tamén un orzamento para investir nos próximos anos. Baixo esa planificación, baixo esa dedicación a xestionar orzamento, pero se hai xestión, tamén debe haber parte municipal porque esa é a capacidade de que ten un Concello para seguir mellorando as infraestruturas, mellorando o día a día de Ribadeo e así que o pobo siga avanzando”.
Plan Avanza Rural
Dani Vega subliñou que “no ano 2025, tamén vai haber a planificación orzamentaria necesaria para seguir investindo no Plan Avanza Rural, na mellora das nosas vías de comunicación de tantas parroquias nas que debemos seguir investindo. Vamos dar chegado a todas as parroquias? Pois é bastante complexo, porque hai moitas melloras que facer, pero dende a responsabilidade, e dígoo así con toda a humildade, o que non se fixo en 16 anos non se vai facer todo agora rápido correndo, pero sí que é verdade que vamos planificar. Neste ano xa fixemos unhas melloras moi importantes en varias parroquias, nunhas vías de comunicación todas superior a un quilómetro, un quilómetro e medio de arranxo, na estrada da costa foron máis de 5 quilómetros de arranxo. Si neste ano 2024 se investiron 685.000 euros, vaise investir no próximo ano unha cantidade superior”.
Convenios coa Xunta de Galicia
“Que vamos a facer? Co Plan Único da Deputación, que van ser aproximadamente 370.000 euros de inversión, vamos achegar nós a cantidade para ter así a garantía de que o Plan Único se realice en Ribadeo. E tamén vamos firmar tres convenios coa Xunta de Galicia que van superar os 100.000 euros e tamén o Plan de Agader, tamén da Xunta, onde supera os 90.000 euros e aí ten unha pequena achega xa que temos que aportar o IVA desde o Concello de Ribadeo”, declarou o rexedor ribadense.
Dani Vega manifestou que “para garantir que todos estes plans, uns con achega única da Xunta de Galicia, como son os tres convenios, pero da Deputación que temos que aportar nos unha pequena cantidade e do Agader outra pequena cantidade, debemos garantir así no orzamento esas cantidade”.
E engadiu: “tamén destacar que vai seguir a inversión no plan de Fontes Vivas, tamén na recuperación de moitos lavadoiros que estaban realmente moi descoidados, abandonados, entre silvas. O que fixemos foi xa a primeira parte que é a limpeza, na segunda parte rehabilitación de dúas fontes e dun lavadoiro, un en Rinlo, e dúas fontes en Cedofeita e na Graña en Ove. Agora vamos a seguir nese plan tamén tan ambicioso de Fontes Vivas, que é nada máis e nada menos que conservar o patrimonio que nos foi regalado e nosoutros temos a obriga de coidalo. Polo tanto, o Plan Avanza Rural, os plans que así empezábamos no 2024, con ese orzamento xa dedicado a investir, seguirá garantíndose no próximo 2025”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



