O Presidente, José Tomé Roca, asinou co Alcalde fonsagradino, Carlos López López, un acordo mediante o que a institución provincial financia a museografía, o equipamento e as obras de impermeabilización da fachada
Lugo, 3 de xaneiro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres no Pazo de San Marcos un acordo de colaboración co Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, para colaborar no financiamento necesario para completar o museo dedicado a Forges que está levando a cabo este concello da Montaña. Mediante este acordo, a institución provincial achegará preto de 40.000€ que se destinarán á museografía, o equipamento e as obras complementarias do edificio para que este sexa funcional.
Tomé Roca enmarcou esta colaboración na liña de acción do Goberno provincial de cooperar cos 67 concellos da provincia, “para dotalos de servizos públicos de calidade” e valorou este acordo coa Fonsagrada como “moi positivo para a comarca, porque servirá para dinamizar a Montaña económica, social e culturalmente en torno a este artista gráfico tan vencellado á localidade lucense”
Concretamente, a Deputación destinará 18.367,80€ ao equipamento deste espazo. Un investimento que servirá para revisar e adaptar a instalación eléctrica e as telecomunicacións; para o subministro e a colocación de vinilo informativo e o rótulo da fachada exterior; o subministro e montaxe das vitrinas, asentos e outros mobles necesarios; e para a subministración e instalación dunha pantalla. Outros 16.819€ estarán destinados á museografía: á realización do proxecto museolóxico, á creación dunha identidade gráfica, a labores de comunicación para a difusión do centro cultural e á elaboración de recursos didácticos.
Ademais, dentro deste convenio inclúense outros 1.425€ para as obras complementarias de diferentes elementos da fachada, como a colocación dunha canaleta de paso de cableado, actuacións destinadas a mellorar a impermeabilización da cuberta e ao mantemento e posta en marcha do reloxo da fachada principal.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



