Foz, 18 de xaneiro de 2025. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe ao acto de inauguración da nova sede que a entidade social Bumei Galicia pon en marcha en Foz. No acto, destacou a intención da Xunta de continuar colaborando e cofinanciando os proxectos desta entidade, que traballa en favor da inclusión social das persoas e dos grupos de poboación máis vulnerables, especialmente das mulleres.
No último ano, a Consellería de Política Social e Igualdade, a través da dirección xeral de Inclusión Social, colaborou con Bumei a través dunha achega que superou os 340.00 euros e que permitiu o desenvolvemento de dous itinerarios de inclusión sociolaboral, así como distintas actividades de formación adaptada. En concreto, formación en competencias clave e alfabetización dixital dirixidas a persoas en situación de exclusión social. A entidade contan, ademais, cun programa complementario de apoio á conciliación da vida laboral e familiar.
O director xeral destacou que a oficina que hoxe se inaugura en Foz permitirá prestar unha atención integral e directa ás persoas e aos grupos de poboación máis vulnerables do municipio e da súa comarca. Os programas que se impartirán son itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral, tanto básica como de transición ao emprego, e estimase que beneficiarán a 300 persoas ao ano.
Arturo Parrado lembrou, ademais, que os gastos de alugueiro e de persoal desta nova sede son financiados pola Xunta a través das axudas destinadas ás entidades de iniciativa social de inclusión.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



