A obra consistiu na mellora da iluminación natural do edificio con novas fiestras, renovación da instalación eléctrica e traballos relativos ao illamento, limpeza e impermeabilización do recinto
Cariño, 11 de xaneiro de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, fixo unha visita ao concello coruñés de Cariño co obxectivo de coñecer de primeira man o resultado da actuación realizada na Nave de Redeiras que supuxo un investimento por parte da Xunta de preto de 40.000 euros. Os traballos consistiron concretamente na mellora da iluminación natural do edificio instalando novas fiestras, a renovación da instalación eléctrica así como accións relativas ao illamento, limpeza e impermeabilización do recinto.
Alí, o responsable autonómico puxo en valor a mellora da seguridade e condicións de traballo das persoas profesionais do sector pesqueiro como unha liña prioritaria do Plan de Equipamentos Portuarios de Galicia ao abeiro do cal se executou esta obra. Nesta liña, manifestou que actuacións que se promoven desde a Consellería do Mar nos peiraos autonómicos son froito das propostas e demandas trasladadas polos propios usuarios, que son os que mellor coñecen as necesidades particulares de cada sitio.
O titular de Mar, destacou o compromiso da Xunta con Cariño cun forte compromiso inversor citando como exemplo a dragaxe do peirao, cuxos traballos se iniciaron en setembro, e que conta cun orzamento de 600 mil euros. Tamén indicou que nos vindeiros meses executaranse tamén os traballos de renovación das luminarias do porto, substituíndoas por tecnoloxía LED, nas que Portos de Galicia investirá 90.000 euros, e a renovación de firmes portuarios, á que se destinarán case 20.000 euros máis.
Alfonso Villares, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, engadiu a estas accións a entrega o pasado ano a través do Centro de Cultivos Mariños (CIMA) de Ribadeo dependente da Consellería do Mar de 50.000 unidades de semente de ameixa xaponesa ás mariscadoras de Cariño co obxectivo de seguir afondando na recuperación da actividade extractiva mediante a rexeneración dos principais bancos da zona.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



