No artigo da semana última tentamos distinguir o concepto comunitarista europeo da liberdade de expresión, que considera que a mesma ten como limites outros dereitos fundamentais das persoas e considera delicto as expresións graves de discurso de ódio que tentan despersonalizar ás persoas pertencentes a colectivos vulnerábeis ou historicamente discriminados e o concepto USA da mesma, nomeadamente individualista e libertario, que só sanciona os convites inmediatos e potencialmente eficaces á violencia. Tamén tentamos distinguir entre a protección do noso Dereito á liberdade de opinión e transmisión de pensamentos e ideas e á liberdade de información, que a Constitrución delimita á “transmisión de información veraz”.
Xa que logo, no noso sistema xurídico non é semellante a protección da liberdade de opinión a respecto da liberdade de difusión da información. A difusión de trolas ou loiadas (“fake news”) ten os seus límites sobranceiros nos sistemas xurídicos europeos no dereito á honra persoal e na sanción aos graves discursos de odio, xa referida.
Neste contexto a Unión Europea e outros sistemas democráticos lle deron pulo á creación de entes e empresas de verificación dos contidos (“fact-checking“) das informacións mediáticas ou das redes sociais (rr.ss.), os chamados “fact-checkers”. Mais, teñen funcionado a xeito? Fronte opinións favorábeis nas democracias latinoamericanas (como as experiencias de axencias do goberno chileno) a activista social e artista multimedia italiana Simona Levi, nun moi recente artigo no xornal catalán Vilaweb pensa que non, polo menos no noso ámbito da Unión Europea. E non funcionaría por se tratar de controis a posteriori que só atinxen os contidos informativos e non á verificación da orixe e financiamento da información. Para Levi o axeitado sería esixir un control a priori neutral e sometido ás regras profesionais do xornalismo, obrigado para as institucións (partidos, sindicatos, sector público, corporacións empresariais) e empresas mediáticas e titulares da xestión das rr.ss. e, dende logo, non aplicábel á cidadanía.
O debate haberíase ampliar tamén ao propio funcionamento dos motores de busca e aos algoritmos que potencian nesgos determinados. Velaí o moi recente anuncio de Mark Zuckerberg de que haberá moita máis política nas rr.ss. de META (facebook, instagram e threads).
En calquera caso ningún verificador ou fact-checker impediu a difusión de grandísimas trolas e mentiras en prexuizo de políticos independentistas catalás na chamada Operación Catalunya. As trolas a respecto da existencia de contas en Suiza do president Artur Màs e do entón alcalde de Barcelona Xavier Trias foron fulcrais para que o primeiro non quitase a maioría absoluta que lle prometían as enquisas nas eleccións catalás de 2012 e o segundo perdese por moi pouca diferenza fronte á despois alcaldesa Ada Colau nas locais de 2015. E que dicir da influencia da difusión pola Sexta e polo seu director de informativos, Antonio García Ferreras (parella da propietaria da fact-checker Newtral, Ana Pastor) antes das estatais de 2016 da grandísima trola da existencia de contas en paraísos fiscais de Pablo Iglesias.
Non hai dúbida que o nesgo ideolóxico de determinados verificadores non vai resolver o problema que para a estabilidade das sociedades europeas (nomeadamente, como di a devandita Simona Levi, unha liberdade que ha funcionar non só contra o Poder, senón contra os poderosos) vai supor a enxurrada de informacións socio-políticas extremistas das rr.ss. propiedade de Musk ou Zuckerberg. Mais a solución non virá dende logo de mecanismos de censura como os aplicados á canle de TV Russia Today pola Comisión Europea ao comezo da guerra de Ucrania, hai agora case tres anos. As únicas solucións posíbeis haberían vir dende unha estratexia común da Unión Europea alicerzada na autorregulación e no control xudicial, no marco do vixente Regulamento europeo de Servizos Dixitais (DSA) que tanto odian Musk e Zuckerberg.
Na semana vindeira remataremos esta xeira co artigo Alargarmos a liberdade de expresión, atendendo nomeadamente ás reformas normativas que precisa a boa saúde deste dereito fundamental.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



