Vivimos nun entorno, ó igual que calquera outro ser vivo. É para ese entorno que Darwin enunciou a súa lei da selección natural, que ven dicindo que sobreviven mellor os mellor adaptados, e que moitas veces soe reducirse (simplificando tamén conceptualmente) á ‘adaptarse ou morrer’. Tradicionalmente, o entorno de referencia era un entorno natural. Coa chegada da sociedade, o ser humano foi cambiando o seu entorno natural e creando ó tempo outra capa de entorno, o entorno social, de tal xeito que hoxe por hoxe é este último o que determina a evolución, por moito que sexa o natural o que pon os límites últimos. É dicir, o medio natural é visible, pero deixou de ter unha importancia total nas nosas decisións, quedando supeditado ó medio social (que inclúe economía e política), que xa entendemos como ‘o noso medio’
Nos últimos tempos, ese entorno social está vendo como se forma e xerando o que sería unha nova capa de entorno, o entorno dixital algorítmico. É dicir, un novo medio que máis aló de actuar como un nivel social con algunha característica derivada das posibilidades da electrónica, actúa dun xeito asocial, pero influíndo nalgúns casos, e mesmo determinando noutros, as decisións humanas. É dicir, a propia vida humana.
Así, mentres que hai anos se falaba dunha influencia social á que había que adaptarse, pero na que ó fin, tamén influíamos nós como pezas activas da sociedade (por moito que se poda dicir que as crecentes diferenzas sociais se traduciran nunha influenza individual minguante en xeral), está a medrar unha capa que podemos dicir se ten escapado totalmente da nosa propia influencia e que polo contrario tende a influír en nós e controlarnos cada vez máis.
Aquelas vellas preguntas de quen somos, de onde vimos e onde imos, nas que está patente a influencia do entorno natural, foron recortándose e variando a posible resposta ó ir tomando unha separación social dese entorno primitivo, que aparece mediando no ‘onde imos’ cara ó futuro, e hoxe se asoma cada vez máis a unha resposta sinxela: imos onde nos levan, aínda que non sexamos conscientes de onde é iso, nin de quen nos leva, nin da limitación de opcións que ofrece o algoritmo que tenta influenciarnos e dirixirnos. Algoritmo é o mesmo o programa que te presenta opcións de compra despois de enviar un correo electrónico que o que aconsella ou desaconsella que se te conceda un crédito, ou a liberdade condicional, entre outros moitos outros en número e sofisticación cada vez maior, medrando de xeito paralelo á súa opacidade e posibilidade de incorporar nesgos que tenden a perpetuar e aumentar prexuízos sociais. As mellores características de adaptación xa non dependen só nin de xeito principal da natureza, e en referencia a iso, a bondade non significa o mesmo que significaba…




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



