Como xa sabe o mundo todo, o socio hexemónico e CEO do Grupo META (propietaria da mensaxería instantánea Whatsapp e das RRSS Facebook, Instagram e Threads), Mark Zuckerberg, ven de eliminar os sistemas de fact-checking ou verificación “a posteriori” dos contidos das súas RRSS para-disque- alargar substancialmente o ámbito da liberdade de expresión, esfarelando o sistema que establecera no 2016 para impedir as fake news e aliñándose inequívocamente coa X (antiga Twitter) do número dous oficioso de Donald Trump, Elon Musk e co propio presidente eleito dos USA, ao tempo que trasladaba os servizos de edición das súas RR.SS. da hexemonicamente demócrata California á hexemonicamente republicana Texas. Ao tempo pedía a intervención da nova Administración Trump para salvar o seu grupo empresarial da nova regulación normativa dixital da Unión Europea (UE).
Coincide esta “rendición” de Zuckerberg coa ofensiva mediática, financeira e dixital de Elon Musk a prol das extremas dereitas europeas nos vindeiros procesos electorais, o que nos habería achegar unha idea da transcendencia desta grave diverxencia entre unhas e outras visións da liberdade de expresión. Velaí a importancia de entendermos sta liberdade e recoñecermos o seu perímetro e delimitación.
Vaia por diante que USA e a UE (en xeral non só os 27, senón os 46 Estados membros do Consello de Europa, que recoñecen a xurisdición do Tribunal Europeo de Dereitos Huimanos-TEDH- na interpretación da Convención Europea de Dereitos Fundamentais e Liberdades Públicas de 1949-CEDH-) teñen distinta concepción da liberdade de expresión. Nos USA nunca é delicto queimar unha súa bandeira das barras e das estrelas, mais tampouco é delicto queimar unha cruz de lume no xardín ou na leira dunha persoa afroamericana-moitas delas prefiren o adxectivo black- A cultura xurídica USA e a xurisprudencia do seu Tribunal Supremo sacralizan a liberdade de expresión (freedom of speech) ao abeiro da súa First Amendment (primeira emenda á súa Constitución) e exclúen a posibilidade que existan delictos de odio. Só a apelación inequívoca e potencialmente eficaz á comisión certa e máis ou menos inmediata dun delicto violento pode ser obxecto de represión penal. É un concepto negativo, que prohibe todo acoutamento desta liberdade, propio dun concepto individualista- libertario da liberdade de expresión.
Pola contra, a UE promulgou unha Decisión-Marco no 2008 para que todos os seus Estados Membros (EM) regulasen os delictos de odio como límites á liberdade de expresión, alicerzándose nunha xurisprudencia do TEDH que consideraba que as manifestacións máis graves do discurso do odio ou da discriminación contra persoas deses colectivos vulnerábeis ou historicamente discriminados non poderían alicerzarse nunca na liberdade de expresión e, xa que logo, poderían-e mesmo deberían-ser penalmente sancionadas. Todos os EM regularon despois a tipificación penal dos delictos de odio.
Xa que logo, no contexto da UE e do Consello de Europa, no que impera a xurisprudencia do TEDH, rexe un concepto comunitarista da liberdade de expresión, diferente do concepto USA. Velaí o artigo 20 da Constitución do Estado español (1978) que recoñece o dereito a recibir e transmitir libremente información veraz, limitando este dereito no dereito de todos á súa honra e imaxe e nos demais dereitos recoñecidos na Constitución, entre eles o capital dereito a non ser discriminadas as persoas susceptíbeis de selo, como membros de colectivos vulnerábeis e historicamente discriminados.
O propio artigo 20 da Constitución distingue entre o dereito de comunicar e recibir información veraz a respecto do dereito á libre difusión de pensamentos, ideas e opinións, a respecto da que non se fixa ese límite da veracidade. É dicir, fronte á libérrima expresión e difusión de opìnións e ideas a libre expresión e difusión das informacións require do requisito da súa veracidade. Velaí a protección civil e penal do dereito constitucional á honra persoal e á privacidade ou os termos case absolutos do dereito de rectificación a respecto das informacións que nos afecten.
No ámbito público a xurisprudencia norteamericaana descoñece estas diferenzas europeas mais no ámbito privado (intracorporativo, p. ex. universidades, empresas, fundacións e asociacións), quizais como reacción á falla de control xudicial sobre a veracidade da información, desenvólvese un amplo control das opinións e informacións difundidas nese ámbito privado, que pode chegar até a chamada cancelación sen que a persoa prexudicada poida, en xeral, obter unha reparación xudicial, porque o libertarismo individualista da first amendment protexe tamén o dereito de regulación interna destas entidades corporativas.
Velaí as diferenzas entrea libre expresión de opinións e alibre expresión de informacións e mais as diferenzas de tratamento normativo e, sobre todo, xurisprudencial, entre o sistema xurídico USA e o europeo.
Nas vindeiras semanas desenvolveremos no noso artigo Definirmos a veracidade das informacións a cuestión de se é conveniente algunha caste de fact-checking dos feitos obxecto de información e , no seu caso, se ha de se incorporar a priori ao mecanismo de edición do medio ou suxeito difusor ou realizarse a posteriori por terceiros, así como o desenvolvemento futuro da guerra mediática e política entre a desregulación USA que propoñen X e META fronte á nova normativa dixital da UE. Para rematarmos cunha terceira achega Alargarmos a liberdade de expresión no que analisaremos as chatas que aínda sofre a liberdade de expresión no Estado español (vgr. delictos de inxurias á Coroa, apoloxía do terrorismo e contra os sentimentos relixiosos e “lei mordaza”).
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



