O conselleiro do Mar puxo en valor esta actividade no marco do sector pesqueiro galego e louvou o traballo desenvolvido por esta entidade na defensa, recoñecemento e mellora das súas condicións laborais
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Federación Galega de Redeiras ‘O Peirao’ co obxectivo de contribuír á financiación da súa actividade en favor destas profesionais. Así, o responsable autonómico enxalzou o papel que xogan estas traballadoras dentro da actividade pesqueira e louvou a labor deste entidade en favor da regulación a nivel nacional desta profesión o que permitiu implantar un certificado de profesionalidade.
O titular de Mar tamén destacou a colaboración da Federación co Instituto Galego de Seguridade Laboral para mellorar as condicións de traballo e previr doenzas relacionadas coa súa actividade así como os avances para implantar un programa específico de inspección laboral para as redeiras galegas. Alfonso Villares puxo e valor os esforzos dirixidos á diversificación da actividade coa finalidade de complementar os ingresos das profesionais nos períodos de inactividade e a participación en congresos, feiras e eventos relacionados co sector nos que promocionar o seu traballo.
O conselleiro tamén resaltou a traxectoria da entidade na promoción do asociacionismo máis alá das fronteiras da comunidade, na mellora da capacitación profesional sectorial e empresaria das redeiras galegas co obxectivo de complementar e mellorar as posibilidades de traballo e competencia destas profesionais. Nesta liña, reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir colaborando para seguir avanzar en todos estes obxectivos comúns para acadar garantir a necesaria remuda xeracional dunha actividade esencial para unha sector pesqueiro sostible e competitivo.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



