Vegadeo, 20 de xaneiro de 2025 O vindeiro mércores 22 de xaneiro, ás 20:00h, o Centro Asturiano de Madrid
(Rúa Farmacia, nº2) acollerá a presentación da LX Feira de Mostras de Vegadeo. Este evento forma parte das actividades que a localidade levará a cabo en FITUR 2025, unha das feiras de turismo máis importantes a nivel mundial.
Durante o evento, desvelaranse os detalles desta edición tan especial, que celebra o 60ª aniversario da Feira de Mostras, un evento emblemático para a comarca e un símbolo do dinamismo económico, social e cultural de Vegadeo. O acto incluirá unha degustación de produtos agroalimentarios da comarca Oscos-Eo.
O alcalde de Vegadeo, César Álvarez, destacou: “Es un momento muy especial para Vegadeo y para toda nuestra comarca. Llegar a los 60 años de este evento tan significativo es un logro que queremos compartir y visibilizar más allá de nuestras fronteras. Agradecemos profundamente a la Asociación de Comerciantes de Vegadeo por acompañarnos en este camino y al Centro Asturiano de Madrid por brindarnos este espacio, desde donde podemos dar voz a nuestras tradiciones y al espíritu emprendedor que nos define. Esta presentación no solo es un homenaje a nuestras raíces, sino también un paso valiente hacia el futuro”.
O alcalde engadiu: “Sabemos lo difícil que es representar un territorio como el nuestro, ubicado en el extremo occidental de Asturias. Pero precisamente por eso, esta presentación no solo simboliza un homenaje a nuestras raíces, sino también un paso hacia el futuro. Queremos demostrar que, desde la distancia, el corazón del rural sigue latiendo con fuerza y esperanza. Con esta edición buscamos demostrar que el cambio, la adaptación y la innovación son claves para seguir creciendo y desarrollándose. Desde Vegadeo, estamos convencidos de que, juntos, podemos abrir nuevas puertas para nuestro territorio y seguir avanzando con unidad y esfuerzo”.
Desde o Concello de Vegadeo convidan a todos os interesados a unirse a este evento, onde compartirase o orgullo e a ilusión desta feira que transcende xeracións e fortalece a conexión entre tradición e innovación.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



