O BNG reclama a comparecencia no Parlamento dos colectivos sociais afectados pola instalación da macrocelulosa no corazón do País
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro 2025. O deputado de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, advertiu este luns en rolda de prensa que a Xunta do PP está indo “demasiado lonxe”, mesmo “bordeando a prevaricación”, para favorecer os intereses de Altri, cun cúmulo de irregularidades que -anticipou- “poden dar lugar a responsabilidades e, con toda seguridade, á vía xudicial”.
“Estamos convencidos de que vai haber entidades que van pedir unha suspensión cautelar polos danos irreparables no medio ambiente que se producirían no caso de levarse adiante este proxecto”, afirmou.
Na recta final da tramitación da autorización ambiental da macrocelulosa, o deputado nacionalista denunciou ademais “fortes presións a funcionarios e altos cargos da Xunta para que informen favorablemente sobre este proxecto” e vencer así as resistencias derivadas do “enorme rexeitamento social e dos sectores produtivos da comarca da Ulloa”. Presións, aclarou, que levaron por exemplo á dimisión en setembro de 2024 do director xeral de Calidade Ambiental, Ramón Martínez Voga, encargado entón de asinar a declaración de impacto ambiental.
Bará asegurou que isto explica tamén “a desviación de informes sectoriais á empresa Tragsatec, que utiliza medios da Xunta suplantando o papel dos seus técnicos para evitar precisamente a resistencia dalgúns deles, que nalgúns casos están pasando situacións psicolóxicas de enorme presión”. Deste xeito, engadiu, o Executivo e a empresa portuguesa asegúranse ter eses informes sectoriais favorables que, en todo caso, subliñou, “son moi discutibles e ultrasecretos”.
O deputado nacionalista denunciou que o Goberno de Rueda “fixo un traxe normativo a medida para Altri co fin de facilitar a aprobación do proxecto pasteiro. Bará lembrou en concreto o cambio da Lei de Áreas Empresariais a dous meses de aprobarse a declaración de proxecto industrial estratéxico, en outubro de 2022, para así “garantir a prevalencia dos proxectos industriais estratéxicos sobre a normativa urbanística municipal e pasar por riba do informe do arquitecto técnico municipal de Palas de Rei que dicía que o proxecto era incompatible coa cualificación urbanística dos terreos por situarse en solo rústico”.
Así mesmo, afirmou que a Xunta do PP tamén está a facer un “traxe administrativo” a medida, porque en setembro de 2024 Alfonso Rueda nomeou dous subdirectores que teñen unha implicación directa nesta tramitación, Agustín Fernández e Ignacio Maestro; este último, subdirector xeral de Planificación de Xestión dos Recursos Hídricos e que, polo tanto, vai ter unha intervención determinante na aprobación da autorización da captación de auga do Río Ulla e do encoro de Portodemouros, “unha zona de especial sensibilidade e xa moi contaminada”, aclarou.
“As anomalías son interminables”, expresou Bará, que volveu insistir en que “a decisión de aprobar a autorización ambiental integrada e a declaración de impacto ambiental xa está tomada desde o inicio e agora estase forzando a máquina para que sexa así”. E é que a Xunta e Altri “son socios neste proxecto” dende o primeiro momento a través da Sociedade Impulsa.
Medio millón de euros se non se aproba o proxecto en tempo
Luís Bará quixo transmitir, nesta conta atrás e neste momento decisivo para a tramitación da autorización ambiental de Altri, que o BNG vai estar “alerta e vixiante” e que vai ter a máxima esixencia e control de todo este proceso, tal e como veu facendo até agora.
O Bloque volverá reclamar o acceso a toda a documentación e informes sectoriais e xa rexistrou unha iniciativa reclamando a comparecencia no Parlamento dos colectivos sociais afectados polo proxecto da macrocelulosa que se quere instalar no corazón do País. “A Cámara galega ten que ser a caixa de resonancia que escoite a unha sociedade que xa se mobilizou de maneira masiva e multitudinaria”, subliñou·
O viceportavoz nacionalista considerou que as últimas novas da Xunta sobre Altri, á que se lle reclama máis documentación, responden a un “simulacro de tramitación ambiental”, pois a Administración xa conta coa información do proxecto desde febreiro do ano pasado.
“Máis ben é unha especie de escenificación dunha suposta esixencia ambiental e de control”, dixo, lembrando ademais que está a piques de cumprirse o prazo despois do cal, segundo os cambios feitos pola porta de atrás na Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2024, a Xunta tería que pargarlle a Altri unha “indemnización de, inicialmente, medio millón de euros por non aprobar o proxecto en tempo.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



