O Pazo de San Marcos acolleu este mércores a presentación desta Festa de Interese Turístico de Galicia para a cal a institución provincial realiza unha achega económica de máis de 30.000€, nunha edición na que está previsto que o volume de ventas deste produto cárnico alcance os 20.000 quilos
Lugo, 19 de febreiro de 2025. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde da Fonsagrada e Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, e o Concelleiro de Cultura fonsagradino, Ricardo Parada Mariñas, presentou este mércores na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a XXVII edición da Feira do Butelo, que terá lugar o 22 e 23 de febreiro neste municipio montañés.
A institución provincial realiza unha achega económica de máis de 30.000€ para a celebración desta cita gastronómica, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no 2018, e que cada ano congrega a miles de persoas. Nesta ocasión, participarán preto de 70 postos de alimentación e artesanía e está previsto que o volume de ventas deste produto cárnico alcance os 20.000 quilos.
Rivera Capón destacou que “a Feira do Butelo é un auténtico símbolo de identidade da montaña lucense, o que demostra que se trata dun evento completamente asentado no calendario de celebracións da provincia”. Así mesmo, sobre a aportación económica que mantén a institución provincial para a realización desta cita, resaltou que “somos conscientes da importancia que ten a gastronomía para o desenvolvemento económico e turístico da provincia”.
Nesta liña, sinalou que “ademais, desde a Deputación de Lugo tratamos de impulsar a promoción dos produtos locais e por iso, seguiremos colaborando con citas coma esta que xeran un importante retorno económico, ao tempo que poñen en valor o rural da nosa provincia”. Pablo Rivera definiu como “excepcional” a riqueza culinaria da “nosa terra” e resaltou que “se hai un produto que representa á perfección a esencia da montaña lucense, ese é, sen dúbida, o butelo, coñecido popularmente como o rei da montaña e que simboliza a tradición gastronómica vencellada á provincia de Lugo”.
O Deputado rematou a súa intervención convidando a todos os veciños e veciñas da provincia a achegarse a Fonsagrada esta fin de semana para “desfrutar dun dos eventos máis importantes da provincia” e avanzou que “ademais, é a oportunidade perfecta para degustar un dos grandes tesouros gastronómicos que temos na nosa provincia e desfrutar tamén de todos os encantos que podemos atopar na montaña lucense”.
Pola súa banda, Carlos López agradeceu o apoio da institución provincial e avanzou que “este ano reciben o Butelo de Ouro o primeiro director do instituto da municipio, Álvaro Touza, e o que foi o primeiro alcalde da democracia neste municipio, o sacerdote Antonio López”.
Programa da Feira do Butelo 2025
A programación arrincará o sábado ás 10:00 horas coa apertura da carpa, que estará situada na Praza do Concello e permanecerá aberta ata ás 20:00 horas. Ás 12:00 horas terá lugar a inauguración oficial a cargo das autoridades, que posteriormente realizarán unha visita aos postos de alimentación e artesanía participantes.
A Feira continuará o domingo ás 12:00 horas coa entrega do Butelo de Ouro no Salón de Plenos da Casa Consistorial; ás 13:00 horas actuará o grupo tradicional Illa Pancha e ás 14:00 horas Antaruxas e Sorteiros.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



