A filtración da Xunta dando por feita a autorización de Augas non se corresponde coa realidade do procedemento
Compostela, 13 de febreiro, 2025. O artigo 116.5 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH) establece un prazo máximo de 18 meses para que a administración competente, neste caso Augas de Galiza, resolva un expediente de concesión de augas. A empresa Altri (agora Greenfiber) presentou a súa solicitude (inicio do trámite de competencia) en novembro de 2022, publicándose no BOP da Coruña o 30 de novembro dese ano. De non mediar suspensión do procedemento, e no expediente non consta ningunha de oficio ou de parte, os 18 meses concluiron o 30 de setembro de 2024. Dado que a día de hoxe o organismo substantivo encarregado de tramitar a concesión (Augas de Galiza, demarcación Centro) aínda non resolveu sobre dita solicitude, esta debería portanto entenderse desestimada.
A este respeito, ADEGA vén de solicitar a Augas de Galiza que comunique á peticionaria e ás partes interesadas a desestimación da solicitude de concesión de augas superficiais do río Ulla no encoro de Portodemouros con destino a uso industrial, e arquive o expediente. Nese caso, Altri-Greenfiber estaría obrigada reiniciar o procedemento de concesión dende o mesmo trámite de competencia, como establece o art. 104 do RDPH.
A realidade do procedemento e a estratexia de confusión da Xunta
ADEGA figura como parte interesada nese expediente dende o seu inicio, ao concorrer no trámite de competencia para reclamar que o volume de auga solicitado por Altri (46.000 m3/día) fora destinado a usos ambientais e públicos. No decurso do procedemento, solicitamos periodicamente acceso ao expediente administrativo que xestiona o Servizo Territorial de Augas para a zona hidrográfica de Galiza-Centro. Nunha consulta en setembro de 2024, co prazo de resolución próximo a vencer, puidemos comprobar que no expediente faltaban aínda por emitir informes preceitivos para poder autorizar a concesión e que no procedemento non se rexistraron suspensións. E nesta mesma semana de febreiro puidemos verificar que aínda non se tiñan incorporado ditos informes e que o expediente ficaba igual que hai case 4 meses.
Á vista desta circunstancia, resulta chamativo que dende a Xunta se filtrara un documento con apariencia de oficial no que se daba por feito a autorización de Augas á solicitude de Altri. O contido desa filtración interesada, que recolle fundamentalmente valoracións da empresa, non se corresponde coa realidade e contribúe a sementar a confusión entre a cidadanía e condicionar o labor do persoal técnico da Xunta. Todo o contrario da obxectividade, transparencia e servizo público que debe guiar o proceder dunha administración.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



