Ribadeo, 13 de febreiro de 2025. O equipo de goberno considera que o BNG debe pedir perdón pola mala xestión realizada coa pista de skate. Ribadeo acomete melloras estes días nesa instalación. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, agarda que estean listas no prazo dunha catro semanas.
O edil ribadense considera que “o BNG ten que pedir perdón pola mala xestión da pista de skate. Saben que o fixeron mal, non foron capaces de inaugurar dita obra porque tiveron mil retrasos, mil empresas e nada ben feito. Cando chegamos ao goberno inspeccionamos e intentamos solucionar todo o que puidemos. Os técnicos supervisaron as obras, certificouse todo o que se puido para poder cobrar a subvención da Deputación de Lugo. De todo o que quedou mal fíxose informe para poder incautar a fianza. Esperamos o tempo marcado pola lei e agora é cando estamos arranxando todos os desperfectos”.
Silvent dixo: “somos conscientes das molestias ocasionadas, dos problemas que existen na pista e queremos pedir desculpas. Pero facemos todo o posible para que a pista de skate quede ben e mellorar todas aquelas cousas que nos encontramos en deficiente estado.
Estamos mellorando o sistema de luz, substituíndo luminarias que xa están inservibles, arranxando detalles no mesmo chan dalgunha zona e substituíndo redes perimetrais por outras de maior grosor que sexan máis axeitadas para a súa instalación en exteriores. Tamén estamos arranxando e repoñendo a canastra, que por falta de lastre se rompeu este pasado verán”.
O concelleiro de Deportes agarda que “no prazo de 3 ou 4 semanas poidamos ter parte destes problemas arranxados e que todos os ribadenses poidan disfrutar da pista de skate no estado no que debería estar”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.