Burela, 1 de febreiro de 2025. O Concello de Burela clausura a exposición do Certame de poesía e postais de Nadal cunha entrega de premios aos nenos e nenas gañadoras da edición de 2024. Ao longo das últimas semanas a Casa da Cultura municipal albergou unha mostra que recollía as propostas participantes desta competición. Os nenos e nenas do municipio despregaron a súa creatividade e dotes artísticas para crear poesía e postais inspiradas no Nadal.
Neste acto de clausura o executivo municipal entregou os premios ás persoas gañadoras, que recibiron un diploma acreditativo.
A relación de gañadores e gañadoras é a seguinte:
CERTAME DE POSTAIS NADAL 2024
EDUCACIÓN INFANTIL (3, 4, e 5 anos):
-1º premio: Nº51- MARTINA COCIÑA LESTAO. (5 anos). CEIP VIRXE DO CARME.
-2º premio: N.º 25 – MARINA LARA PÉREZ (3 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
-3º premio: N.º 26 – LUZ GONÇALVES SANTOMÉ ( 4 anos). CEIP VIRXE DO CARME.
1º e 2º de primaria:
-1º premio: N.º 18 – NAIA FONTENLA SUÁREZ. ( 1º PRIMARIA). CEIP VISTA ALEGRE.
-2º premio: N.º 60 – ELENA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ. (2º PRIMARIA) . CEIP VISTA ALEGRE.
-3º premio: Nº20 – LIDIA ARES FERNÁNDEZ. ( 1º PRIMARIA). CEIP VISTA ALEGRE.
3º e 4º de primaria:
-1º premio: N.º 22 – PEDRO COCIÑA LESTAO . (4º PRIMARIA). CEIP VIRXE DO CARME.
-2º premio: N.º 20 – TEO DOMÍNGUEZ GARCÍA. ( 3º PRIMARIA) .CEIP VISTA ALEGRE.
-3º premio: N.º 45 – JOSÉ MARÍA GARCÍA FRA. (4º PRIMARIA). CEIP VISTA ALEGRE.
5º e 6º de primaria:
-1º premio: N.º 9 – ANDREA DIÉGUEZ RUÍZ. (5º PRIMARIA). CEIP FONDO NOIS.
-2º premio: N.º 10 – CLARA VÁZQUEZ CAYÓN. (6º PRIMARIA). CEIP VIRXE DO CARME.
-3º premio: N.º 14 – ERLÍN JEAN PIERRE DE LA NUEZ CÁRDENAS. (6º PRIMARIA) . CEIP VIRXE DO CARME.
CERTAME DE POESÍA INFANTIL NADAL 2024
Categoría A ( ata 8 anos):
-1º premio: TEO DOMÍNGUEZ GARCÍA (8 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
-2º premio: NAIA FONTENLA SUÁREZ (5 anos). CEIP VISTA ALEGRE. –
-3º premio: LEO FRAGA RÍO. (8 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
Categoría B ( de 9 a 11 anos):
-1º premio: JOSÉ MARÍA GARCÍA FRA (9 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
-2º premio: SABELA BRAÑA MORÁN (10 anos). CEIP VISTA ALEGRE. –
-3º premio: SARA LÓPEZ PENA (10 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
Categoría C ( de 12 a 16 anos):
-1º premio: JIMENA GARCÍA FRA .( 14 anos). IES MONTE CASTELO.
-2 premio: JIMENA DOMÍNGUEZ GARCÍA. (12 anos). IES MONTE CASTELO.
-3º premio: JAUME FERNÁNDEZ LÓPEZ. (12 anos). IES MONTE CASTELO.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



