Está destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e ten un prezo de 16 euros por participante
Cariño, 17 de febreiro, 2025. O Concello de Cariño oferta un campamento de Semana Santa para os máis pequenos da casa, proporcionándolles aos veciñas e veciños unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións deste período que facilite a conciliación familiar. O programa, que leva por nome ‘Campamento Concilia Cariño Semana Santa’, está dirixido a nenas e nenas de entre 3 e 12 anos que se atopen escolarizados.
O CEIP Manuel Fraga Iribarne acollerá este campamento urbano os días 14, 15, 16, 17 e 21 de abril, todos eles en horario de 9:30 a 14:30 horas.
O prazo para inscribirse estará aberto ata o xoves 27 de febreiro. As prazas están limitadas a 36 usuarios e poderanse solicitar de forma telemática a través da páxina web www.escuelacontalento.es/campamentos/.
O campamento ten un prezo de 16 euros por persoa, pero haberá descontos no caso de que haxa varios membros da familia apuntados. As bases están dispoñibles para a súa consulta na páxina web municipal.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



