Será no marco dos X Foros de Debate Fundación Sargadelos. No hotel-restaurante Voar de Ribadeo.

Será no marco dos X Foros de Debate Fundación Sargadelos. No hotel-restaurante Voar de Ribadeo.
Xunto aos residentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Servizos Sociais, Elena Sierra, que quixeron compartir con eles esta data tan especial e pasar unha mañá moi agradable de conversa e de festa.
A cita está organizada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración con CECAP. A xornada dará comezo ás 10 da mañá nas instalacións da academia, en Burela. Haberá unha exposición por parte da Consellería sobre as novas convocatorias do programa AFD, unha mesa redonda con participación de empresas e entidades de formación; e un espazo de café-networking para intercambio de impresións e xeración de contactos.
Serán o 16 e o 19 de xuño no Pavillón da Veiga para rapaces e rapazas de 9 a 17 anos. Haberá dúas quendas: ás 18:00 h ou ás 20:00 h. Máis info no teléfono: 637774484.
O Concello de Xove, coa colaboración do IES Illa de Sarón, organizou esta proxección sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio nos anos setenta. Tivo lugar este luns 10 de xaneiro no Salón de Actos. Ademais do alumnado e profesorado do IES de Xove, tamén asistiu público interesado neste episodio.
Fíxoo cunha exhibición de ximansia rítmica e de patinaxe artística que tivo lugar no pavillón do CEIP de Cervo e que contou coa participación da alcaldesa, Dolores García Caramés, e do edil de Deportes, David Rodríguez, que fixeron entrega dos diplomas e dun detalle a cada unhas das crianzas que asistiron neste curso ás escolas que tamen contaron con outras disciplinas como voleibol, multideporte ou balonmán.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
Entre os participantes destacou a presenza do Excmo. Sr. Bispo de Mondoñedo Ferrol D. Fernando García Cadiñanos. Tamén participaron membros de Cáritas diocesana de Ferrol. O camiño foi un descubrimento para moitos, con paraxes diferente nos seus 7 Km de percorrido.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital