É certo que ó Bng de Ribadeo sempre lle gustou ese puntiño de protagonismo, incluso, poderíamos dicir de ego desmedido dos seus dirixentes. Na actualidade, un partido que cada día que pasa demostra ter menos criterio, un partido perdido, confuso, teatreiro… que o único que aporta a Ribadeo son insultos constantes e descualificacións, e dende logo, máis preocupado por criticar todo que en propoñer e traballar polo noso pobo. ¿Non se darán conta que con esta actitude de crítica sistemática, o que realmente fan é auto criticarse? ¿Ou é que de repente se puxo todo mal en pouco máis dun ano? Nós agradecemos moito que por fin recoñezan o abandono de anos… mágoa que non se deran conta nos anos do seu mandato que canto teríamos adiantado nestes momentos.
¿Qué terá que dicir o Bng do Parque dos Indianos? Pero se non hai máis que ver as condicións nas que se atopa!!As pérgolas, o pavimento, os bancos, a fonte que converteron en charca que ata o rego lle arrancaron!! ¿Cántos anos levan os veciños demandando o arranxo das aceras daquela zona?.
¿A quén pretenden enganar? ¿Con qué cara veñen reclamando agora? Pero si xa non enganan a ninguén! Por crer, xa non os cren nin os compañeiros de partido… ¿Con qué cara veñen agora esixindo si levamos o que vai de lexislatura arranxando o que o Bng deixou caer, todo o que o Bng deixou abandonado!.
Nós solicitamos dous convenios. Un para o parque de San Miguel, para rematar o seu arranxo e o peche perimetral que boa falta lle facía e tamén para arranxar a rúa Illa Pancha, que está absolutamente destrozada (debeu destrozarse no último ano), e outro para o Parque Indiano, que á vista está as condicións nas que se atopa (tamén se debeu poñer así no último ano). ¿Pero de verdade pensarán que enganan a alguén? Cando chegou o convenio e vimos que o Concello tiña que poñer o 20%, non estivemos de acordo e xestionamos para chegar ó 100% e xa o temos. ¿Cál é o problema? ¿A qué se dedican? Viviron tantos anos do relato da pena que pensan que poden seguir vivindo… Non se dan conta que esa época xa rematou, dar pena xa non funciona. Os veciños o que esperan de todos nós é traballo e resultados. Si se dedicaran a propoñer e a xestionar inversión coa mesma teima coa que se dedican a criticar por criticar, a poñer paus nas rodas e a mediar para evitar inversión, canto mellor lles iría.
En fin, como sempre dicimos, nós ó noso, traballando arreo por e para Ribadeo e tanto ribadenses como visitantes non tardaremos en ver recuperado o tan demandado Parque dos Indianos.
Grupo Municipal Popular de Ribadeo






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



