Ribadeo, 19 de marzo de 2025. Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a axuda de 20.000 euros que recibe a asociación ribadense para seguir apoiando o consumo en clave local e para levar adiante diversas iniciativas e actividades, que contribúan á dinamización da economía ribadense.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, indicou que “grazas á firma deste convenio, poderemos desenvolver diferentes accións de dinamización comercial e hostaleira e de promoción turística, tal y como vimos facendo desde hai anos. Concello e Acisa seguimos a traballar xuntos, algo que sen dúbida algunha é bo para Ribadeo e para os nosos socios e socias. Son 20.000 euros os que recibiremos neste 2025”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “o convenio co Concello de Ribadeo céntrase na realización de actividades de dinamización comercial e hostaleira como concertos, sorteos, campañas promocionais e publicitarias, e na compra de materiais para entregar gratuitamente ás socias e socios do noso colectivo empresarial, algo moi demandado por parte de todos eles”.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “queremos agradecer a colaboración do Concello de Ribadeo con Acisa a través deste convenio e tamén con outras accións que organizamos ao longo do ano. A axuda das administracións é fundamental para a nosa asociación. Iso permítenos planificar moitas campañas, que contribúen á dinamización económica de Ribadeo”.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “Concello e Acisa firmamos un convenio de colaboración cunha achega por parte do Concello de 20.000 euros para que poidan realizar as súas actividades. É unha axuda directa tamén a comerciantes, porque Acisa representa a unha grande parte de comerciantes, hostaleiros, hoteleiros, un dos sectores económicos máis importantes de Ribadeo. Esa partida de vinte mil euros é para impulsar e dinamizar a economía da vila”. E subliñou que “é unha colaboración permanente e absoluta con Acisa, cunha lealdade moi importante. Estamos a traballar conxuntamente para impulsar moitas actividades, xa fixemos moitas e agora queda todo o verán por diante e unha serie de accións moi importantes que dinamizarán a vila e a economía de Ribadeo ao longo dos vindeiros meses”.
Na firma do convenio anual entre Concello de Ribadeo e Acisa, que tivo lugar no Pazo de Ibáñez, participaron o alcalde, Dani Vega, a presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, o xerente de Acisa, Jesús Perez, e o secretario accidental do Concello, José Rodil.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



