O programa amplía a oferta educativa con 13 novas granxas e incrementa ata os 1.000 euros a subvención para as anpas
Lugo, 19 de marzo de 2025. O Boletin Oficial da Provincia publica mañá xoves – 20 de marzo – a convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva do programa Da Escola á Granxa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación, que financia actidades educativas en granxas, producións agrarias e proxectos de emprendemento no rural.
A convocatoria, que conta cun orzamento de 200.000 euros, está aberta a asociacións de nais e pais de centros de educación infantil e primaria, que recibirán achegas de ata 1000 euros -100 máis que o ano pasado- para financiar o custo da actividade e o desprazamento ata as granxas e producións agroalimentarias que elixan entre as 45 participantes.
O programa ampliou e diversificou un ano máis a súa proposta educativa coa incorporación de 13 granxas novas respecto á última edición, a maioría delas proxectos familiares, que teñen en común a aposta pola diversificación produtiva e pola produción ecolóxica.
O deputado de Rural Daniel García agradeceu “as granxas participantes a súa implicación en deseñar as actividades para os nenos e as nenas que as visitan, mostrándolles a importancia do sector primario na produción de alimentos e na conservación do territorio” e animou “á comunidade educativa a participar no programa, que demostra a potencialidade da actividade agrogandeira en toda a provincia, con producións diversas, desde a produción de mel, froita e produtos da horta, ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos, lácteos, marmeladas, embutidos, galletas ou conservas.
O prazo para presentar as solicitudes está aberto desde o venres 21 de marzo ata o luns 21 de abril. Os modelos a cumprimentar estarán dispoñibles na web de Rural a partir de mañá.
Granxas Participantes
As granxas e producións agroalimentarias que se incorporan ao programa este ano son A Horta da Sancoveiga de Vilalba, dedicada ao cultivo de horta e avicultura ecolóxica, Agroalimentaria Laurentina de Lourenzá, de horta e árbores froiteiras, as granxas de vacún autóctono en extensivo Cachenas Cas Fidalgo de Taboada e Cachenas de San Breixo de Triacastela e, Casa da Escola SC de Sober de gando ovino extensivo en pastoreo, as gandarías de leite Gandería Castelo SC de A Pastoriza, Gandería Cid de Barreiros e Os Arroxos SL de Castro de Rei, a produción de mel Pingas de Gaia de Vilalba, as granxas en ecolóxico e con diversificación produtiva Casa Benito do Incio e Gandería Docampo de Castroverde, a produción de horta e conservas Ribeiregas de Negueira de Muñiz e a granxa de razas autóctonas da asociación Fogares Lar Muimenta, en Cospeito..
Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasadas edición: Cooperativa A Carqueixa ( ganderías IXP Tenreira Galega) de Cervantes, A Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns) de Chantada, Arqueixal (queixaría e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Casa Bértolo SC (agricultura e gandaría sostidas pola comunidade) de Friol, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Champivil (envasado de produtos autóctonos e naturais) de Vilalba, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, El País del Abeyeiro (apicultura tradicional e ecomuseo) de Negueira de Muñiz, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Gandería Alejandro Salvatierra (gando en extensivo) da Pontenova, Gandaría Ana Pérez Boo, (gando ovino extensivo en pastoreo) de Abadín, Gandeíra Quintián (queixaría e vacún de leite) do Páramo, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) de Láncara, Gandería Puluán (queixería e produción de vacún de leite) de Monforte e Granxa Angus do Campo (gando vacún angus en extensivo e ecolóxico) en Castroverde.
Tamén repiten Granxa Teixeiro e Pistón (cabrún e cabalar en extensivo) de Becerreá, Mantoño Holstein (gando vacún leiteiro extensivo) en Barreiros, Milhulloa (herbas medicinais e cosmética) de Antas de Ulla, Muvicla (museo de maquinaría agrícola, gando vacún e mazás en ecolóxico) de Láncara, O Trobo (museo de mel e produción apícola) do Valadouro, Pazo de Vilane (granxa avícola e producíon de ovos) de Antas de Ulla, Porco Celta de Outeiro (granxa de porco celta en extensivo) en Castro de Rei, SAT Lodos e Pérez (vacún leiteiro en extensivo) da Pastoriza, SAT O Palomar (vacún leiteiro) de Láncara, Sen Máis -As Vacas da Ulloa (leite e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Terras da Mariña (produción de Faba de Lourenzá) de Lourenzá e Traloagro (gando vacún e avícola ecolóxico) de Friol, Tres Fuciños (cooperativa de porco celta) de Carballedo e Casa A Conguada (gando vacún autóctona e ecolóxico) de Palas de Rei. Tropic Gaia e ADEGA súmanse á oferta educativa con obradoiros de horta e de educación ambiental nos propios centros.




















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



