Burela, 25 de marzo, 2025. A diócese de Mondoñedo-Ferrol e a Obra Social das Fillas do Divino Celo presentaron este martes a campaña da «Dobre X» no Centro de Día de Menores San Aníbal (Burela).
Presidiu este acto o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, que animou aos cidadáns para marcar os recadros da “Igrexa Católica” e “Actividades de Interese Social” na próxima declaración da renda.
Explicou a transcendencia que para a diócese ten a asignación tributaria en favor da Igrexa Católica, que representa o 65% do orzamento diocesano (sen incluír ás parroquias); unha achega sen a cal sería imposible levar a cabo boa parte da acción que leva a cabo desde a diócese, especialmente en ámbitos como a conservación do patrimonio e a acción social.
O bispo de Mondoñedo-Ferrol lembrou que, con ese simple xesto ao facer a declaración da renda, non só se apoia o labor de la Igrexa, senón que ao mesmo tempo e sen que custe nada, están a facerse posibles múltiples iniciativas moi preto.
Pola súa banda, Jesús Iglesias, director da Obra Social das Fillas do Divino Celo Rogacionistas, tamén animou a marcar na próxima declaración da renda os recadros 105 da Igrexa Católica e 106 para Fins Sociais, co que cada contribuínte estará a achegar un 1,4% dos seus impostos para axudar a moitas persoas vulnerables.
Para demostrar os beneficios de marcar a “Dobre X”, presentáronse os proxectos que se están levando a cabo desde a Obra Social das Fillas do Divino Celo coas axudas recibidas da Renda 2023.
A través da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, nos seus programas de menores están a acometerse obras de mellora nos Centros de Menores San Aníbal de Burela: ampliación de novos espazos na Casa de Familia; renovación do parque infantil exterior do Centro de Día con novo pavimento e xogos adaptados a nenos e nenas con diversidade funcional; e mantemento da pista polideportiva do Centro de Día.
E pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a área de voluntariado San Aníbal logrou tamén a adquisición de diferentes equipamentos informáticos.
Na presentación tamén se fixo un balance da actividade da Obra Social das Fillas do Divino Celo – Rogacionistas, que entre todos os seus centros contan cun equipo multidisciplinar de 30 profesionais técnicos que atenderon a 99 usuarios no último ano 2024, alcanzando a cifra de 376 usuarios (328 menores e 48 adultos) desde a creación do seu primeiro centro en Burela, en 2002. Desde entón os seus centros atenderon xa a 269 familias, das cales 75 foron no último ano.
Tamén destacou a importancia da xestión da calidade, xa que a Obra Social das Fillas do Divino Celo conta con diferentes certificacións que garanten a calidade dos seus servizos (ISO 9001), a conciliación da vida persoal, familiar e laboral (Empresa Familiarmente Responsable, EFR) e a protección fronte á violencia nunha contorna laboral segura (UNE 0070).






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



