Tamén se instalou a nova sinalización do punto de escalada O Cravadoiro, que será inaugurado proximamente
Cariño, 22 de marzo, 2025. O Concello de Cariño terminou as obras de reparación e de limpeza nos pasos canadenses del Río Espiño e de A Vacariza. Ambos os pasos estaban moi deteriorados polo paso do tempo, algo que quixo solucionar o executivo liderado por Ana María López.
O paso del Río Espiño tiña a maior parte dos tubos rotos, polo que se procedeu a cambiar todos eles por uns novos. Para iso, foi necesario levantar os laterais do paso para poder proceder á súa extracción. Posteriormente, realizouse a instalación dos tubos novos e se hormigonaron os laterais de novo.
En canto ao paso da Vacariza, este atopábase cheo de terra, pero mantiña os tubos en bo estado. Por iso, só foi necesario realizar traballos de mantemento, como unha limpeza en profundidade coa que se eliminou toda a terra. Ambos os pasos xa están abertos tras o fin das obras.
Nova sinalización do punto de escalada O Cravadoiro
Ademais destas dúas actuacións, o executivo cariñés tamén instalou a nova sinalización do punto de escalada O Cravadoiro, que será inaugurado nas próximas semanas. En total, instaláronse tres sinales; unha na estrada xeral, outra no cruzamento de Landoy e unha terceira no punto de escalada. Con elas búscase mellorar o acceso ao momento de escalada, unha das actividades máis importantes do Xeoparque Cabo Ortegal.
Para todas estas actuacións o Concello de Cariño destinou un orzamento aproximado de 6.000 euros.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



