O Comité Provincial aprobou as bases e o calendario desta cita congresual que acollerá a cidade de Lugo e que “marcará un momento clave para o socialismo lucense, consolidando o proxecto do partido na provincia e reforzando a súa estrutura para os vindeiros anos”
Lugo, 15 de marzo de 2025. O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo celebrouse este venres á noite para aprobar as bases e o calendario do 5º Congreso Provincial Ordinario, que terá lugar o vindeiro 10 de maio na cidade de Lugo. Esta cita congresual marcará un momento clave para o socialismo lucense, consolidando o proxecto do partido na provincia e reforzando a súa estrutura para afrontar os retos dos próximos anos.
O Secretario Xeral provincial, José Tomé Roca, fixo un balance positivo do traballo desenvolvido pola actual Executiva Provincial, destacando os avances logrados neste período e poñendo en valor o esforzo de alcaldes, alcaldesas, concelleiros, concelleiras e militantes socialistas en toda a provincia. “O noso partido leva anos demostrando que é a mellor ferramenta para transformar a sociedade e mellorar a vida da xente. Fixémolo desde os gobernos municipais, desde as institucións provinciais e tamén dende a oposición, sempre con responsabilidade, con proxectos sólidos e con liderados fortes”, destacou.
Ademais, durante o Comité gardouse un minuto de silencio en recordo da recentemente falecida Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, como mostra de respecto e recoñecemento ao seu compromiso co socialismo e coa cidade de Lugo.
Tomé subliñou a forza, a ilusión e as ganas coas que o partido afronta esta nova etapa, reafirmando a súa vontade de seguir traballando para que o PSdeG-PSOE siga sendo a referencia da esquerda na provincia Lugo. “Temos un proxecto solvente, temos equipo e temos a confianza da xente. Agora toca seguir traballando con responsabilidade e compromiso para seguir avanzando”, asegurou.
O Congreso Provincial
Este 5º Congreso Provincial chega poucos días despois da celebración do Congreso Nacional do PSdeG-PSOE, que tivo lugar a pasada fin de semana en Santiago de Compostela e que supuxo a consolidación do liderado de José Ramón Gómez Besteiro á fronte do socialismo galego. Tomé quixo recoñecer o éxito deste congreso autonómico, que serviu para reforzar a unidade do partido en Galicia e marcar unha folla de ruta clara para os próximos anos. Ademais valorou o peso da provincia na Comisión Executiva e no Comité Nacional.
“Besteiro inaugurou un tempo novo para o PSdeG, un tempo de unidade, de ilusión e de fortaleza. O seu liderado sólido e a súa visión estratéxica son clave para que o socialismo galego siga avanzando e para que sigamos sendo a referencia política que pode ofrecer solucións reais aos problemas da xente. Agora, con este Congreso Provincial en Lugo, seguimos ese camiño de renovación e impulso que nos permitirá consolidar o noso proxecto progresista en toda Galicia”, afirmou Tomé.
Segundo destacou, o obxectivo deste proceso congresual é reforzar a organización na provincia, fortalecer o proxecto socialista e preparar a estrutura do partido para os retos electorais que están por diante, tanto a nivel municipal como autonómico e estatal. “Somos un partido con historia, con valores e con compromiso. E temos claro que só desde a unidade, desde o traballo conxunto e desde a política útil podemos seguir sendo a referencia da esquerda en Lugo e en Galicia”, engadiu.
Tamén se aproveitou o encontro para valorar e animar ao novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, quen asume esta nova responsabilidade con forza e compromiso polo proxecto socialista na cidade. Do mesmo xeito, expresouse o apoio firme á nosa compañeira de Viveiro, María Loureiro, vítima dunha moción de censura froito dunha traizón do grupo Por Viveiro, que, malia definirse como progresista, deu o seu apoio ao Partido Popular. O PSdeG-PSOE de Lugo manifestou o seu respaldo incondicional a Loureiro e denunciou esta manobra como unha traizón aos valores progresistas e á vontade da cidadanía de Viveiro.
Calendario do proceso congresual
O calendario aprobado establece que o proceso congresual comezará coa presentación de precandidaturas ás primarias entre os días 24 e 28 de marzo, seguido do período de recollida de avais ata o 7 de abril. A primeira volta das primarias para elixir a Secretaría Xeral Provincial terá lugar o 27 de abril, coincidindo coa elección de delegados e delegadas ao Congreso, e en caso de ser necesaria unha segunda volta, celebrarase o 4 de maio.
Ademais, as agrupacións municipais poderán presentar emendas ao Relatorio Marco ata o 27 de abril, e a memoria final de emendas será remitida aos delegados/as entre os días 5 e 6 de maio.
O 5º Congreso Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, que se celebrará o 10 de maio, supón unha oportunidade para fortalecer a organización e marcar as liñas estratéxicas do socialismo lucense para os próximos anos. “O Partido Socialista sempre foi a mellor ferramenta para transformar a sociedade, e en Lugo estamos preparados para seguir avanzando con máis forza ca nunca”, asegurou Tomé.
Un partido unido, con proxecto e con futuro
José Tomé Roca concluíu a súa intervención facendo un chamamento á participación activa da militancia neste proceso congresual, co obxectivo de seguir reforzando o proxecto socialista en Lugo e en Galicia. “Este é un partido democrático, onde as decisións as toma a militancia e onde cada compañeiro e cada compañeira ten un papel fundamental. Por iso, este Congreso non só servirá para elixir unha nova dirección, senón que será unha gran oportunidade para debater ideas, para compartir propostas e para marcar o rumbo do socialismo lucense nos próximos anos”, destacou.
Finalmente, Tomé enviou unha mensaxe clara á militancia: “Temos un partido unido, con liderado, con proxecto e con futuro. Este Congreso Provincial será clave para seguir construíndo unha provincia máis xusta, máis igualitaria e con máis oportunidades para todos e todas. O mellor está por vir e o PSdeG-PSOE estará á altura dos retos que temos por diante.”





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



