Barreiros, 2 de marzo. San Miguel de Reinante, en Barreiros, celebrou este domingo a feira de gando de San Rosendo, coa colaboración da área de Rural que nos últimos anos apoiou a labor da Comisión de Festas para poñer en valor a tradición gandeira desta festividade.
As razas autóctonas foron as protagonistas da feira que reuniu exemplares de cabalos de Pura Raza Galega, Porco Celta, Ovella e Cabra Galegas e vacún de razas Cachena, Limia e Caldelá ademais de gando cabalar de monte de gandarías da Mariña, e que contou tamén con
actividades de exhibición e lúdicas arredor do gando como demostracións de pastoreo con Border Collie e unha xincana ecuestre.
O deputado de Rural Daniel García agradeceu “a implicación das ganderías e gandeiros que trouxeron os animais a feira e que no día a día manteñen esta actividade fundamental para o sostemento do rural”. Tamén destacou a boa acollida das tapas con carne de poldro de Pura Raza Galega que o venres e o sábado se serviron nos bares de San Miguel dentro do programa “Un gusto de rural, un rural degusto”
MELLOR EXEMPLAR CABALAR DE PURA RAZA GALEGA
•Eguas: 1º premio Lenda do Couto de Fernando Groba; 2º premio Carnosa tras do Río de Rebeca Yáñez, 3º premio Raiana do Couto de Fernando Groba
•Sementais: 1º premio Domingo de Boimente de Adrián Mariño; 2º premio Brillante de Moisés García, 3º premio Rodaballo de Sálvora de Jesús Loureiro
•Poldros: 1º premio Gitana Fr de Juan Fontela; 2º premio Sombra de Recimil de Iván Gasalla, 3º premio Cendemil do Celta de Adrián Mariño
MELLOR LOTE CABALO DO MONTE EN CORRALETA
1 premio Gandaría Finca Loureiro
2 premio Gandaría Alejandro Salvatierra
3 premio Gandaría Xan das Bouzas
MELLOR EXEMPLAR CABALAR NON PURA RAZA GALEGA
•Eguas: 1º premio Brisa de Alberro García Sanchez; 2º premio Morita de Maria Isabel Reigosa Castro, 3º premio Castaña de Moisés García Grueiro
•Sementais: 1º premio Tizón de Moisés García Grueiro; 2º premio Estebo de María Isabel Reigosa Castro, 3º premio St. Bolt de Iker Becerra Martínez
•Poldros: 1º premio Rosenda de María Isabel Reigosa Castro; 2 premio Fillo de Morita de María Isabel Reigosa Castro; 3 premio Ronaldo de Moisés García Grueiro
MELLOR EXEMPLAR BOVINO DE PURA RAZA GALEGA
•Vaca raza cachena: 1º premio Marco Vázquez
•Vaca raza caldelá: 1º premio Alejandro Salvatierra; 2º premio Alejandro Salvatierra
•Vaca raza limiá: 1º premio e 2º premio David Lopez
MELLOR BURRO FARIÑEIRO: Pachú de Moisés García
MELLOR LOTE OVINO: 1 premio Luís Fernández Fernández; 2 premio Diego Vidal Rey
MELLOR LOTE CAPRINO: Diego Vidal Rey
MELLOR LOTE PORCO CELTA: Lucinda Monasterio
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



