Os traballos, que se están a realizar na LU-P-6101, contan cun investimento de máis de 130.000€ e afectan a un tramo de 2,2 quilómetros que vai do punto quilométrico 1,300 ao 3,500
Lugo, 24 de abril de 2025. A Deputación de Lugo vén de iniciar o estendido do aglomerado das obras de mellora do firme da estrada provincial LU-P-6101, a vía que une Trabadela e A Ría por Sante. Estes traballos contan cun investimento da institución provincial de 130.776,58€ e consisten na apertura de cunetas, a pavimentación do firme con aglomerado en quente, o balizamento e a sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas.
As actuacións afectan a un treito de 2,2 quilómetros, en concreto, ao tramo que vai do punto quilométrico 1,300 e 3,500 e contan cun prazo de execución de dous meses.
Trátase dun importante proxecto para os veciños e veciñas da zona, pois esta vía provincial conecta varias parroquias mariñás, vertebra o norte do municipio trabadés e, ademais, une a LU-P-6104 desde Trabada coa N-640.
Con estes traballos a institución provincial renova practicamente a totalidade da vía LU-P-6101, posto que se suman ás actuacións acometidas noutro tramo desta estrada, o situado entre os puntos quilométricos 3,554 e o 7,556. Para este proxecto a Deputación destinou case 176.000€ o que supón un investimento total para o acondicionamento desta vía de máis de 305.000€.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



