Cervo, 23 de abril de 2025. Cervo celebrará o vindeiro 3 de maio a novena edición da súa Foliada e Feira de Artesanía de Cervo, que encherá de música e actividade a contorna da Praza do Souto e que contará un ano máis coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo
Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal e A Morena organizan esta xornada cun amplo programa musical, con actuacións de Ailá (22.00 horas) e A Requinta de Lampai (14.00 horas), ademais dunha quincena de grupos de música tradicional no “pasabares” e na foliada.
O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación do cartel, na que reafirmou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co asociacionismo de base, cun papel chave na dinamización cultural e,neste caso, moi especialmente na
conservación e na promoción da música tradicional”
O programa musical e a feira de artesanía compleméntanse con actividades para diferentes públicos durante toda a xornada: un obradoiro de pandeiro e pandeireta (Noemí Basanta) e un paseo guiado (Guido Guía) pola mañá; xogos tradicionais (Xogando nas Nubes) e obradoiros de baile tradicional (Marcos Botana) e de enredos musicais (Oli Xiráldez) pola
tarde.
























Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



