Navia, 24 de abril de 2025. As alcaldesas de Navia, Ana Fernández; Coaña, Rosana González; e Villayón, Estefanía González, mantiveron unha reunión de traballo co obxectivo de diagnosticar as necesidades de man de obra das empresas locais e, a través da formación, ofrecer oportunidades concretas aos mozos da comarca para que poidan desenvolver o seu futuro profesional sen necesidade de emigrar.
Esta iniciativa conxunta busca identificar de maneira precisa os perfís profesionais máis demandados na zona. Posteriormente, as alcaldesas teñen previsto contactar e trasladar esta información ás entidades competentes, incluíndo o Principado de Asturias, co fin de explorar vías para ofrecer formación específica que responda a estas necesidades.
Segundo Ana Fernández, alcaldesa de Navia: “Es fundamental que actuemos de forma coordinada para conocer de primera mano las carencias de nuestras empresas. Queremos que cuando convoquemos estas reuniones con el tejido empresarial, sea un proceso transparente y conocido por todos. Nuestro objetivo principal es detectar dónde existen déficits de personal cualificado y trabajar para ofrecer soluciones formativas que permitan a nuestros vecinos encontrar empleo en su propia comarca y a las empresas locales encontrar la mano de obra especializada que necesitan”.
Ana Fernández tamén salientou a importancia de aprender de experiencias pasadas: “La realidad de nuestras empresas evoluciona constantemente y necesitamos profesionales cualificados en sectores tanto tradicionales como emergentes. No podemos permitir que la falta de oportunidades formativas sea un obstáculo para el futuro de nuestros jóvenes y de nuestras empresas. Queremos sentar las bases para que puedan construir sus proyectos de vida aquí”.
A colaboración entre os tres concellos centrarase en analizar a viabilidade de incorporar novos plans formativos ocupacionais. Buscarase intensificar accións formativas aliñadas coas necesidades de cualificación das empresas locais, diversificando xeograficamente a oferta e profundando en sectores estratéxicos para o desenvolvemento comarcal. Neste sentido, Rosana González, alcaldesa de Coaña, lembra o labor extraordinario realizado por Fundación Metal ou a Fundación Laboral da Construción durante un tempo na comarca, ofrecendo unha formación ocupacional a varias xeracións, tanto a persoas empregadas como a desempregadas, mellorando as súas oportunidades laborais. E sinala tamén que “son muchas las áreas relevantes en materia formativa, donde conseguir nuevos certificados de profesionalidad, necesarios en todos los sectores de actividad: nuevas tecnologías, técnicas empresariales, servicios sociales y a la comunidad, soldadura, hostelería, gastronomía, agricultura, medio rural, industria, electricidad, domótica, instrumentación, prevención de riesgos laborales, confección industrial, actividades turísticas, carpintería, ebanistería, fontanería, restauración de muebles y decoración de interiores”.
“Queremos ofrecer oportunidades reales a nuestros jóvenes para que puedan formarse aquí, sin tener que marcharse fuera, y que encuentren un futuro laboral en su tierra. Se trata de dar respuesta a las necesidades reales de nuestras empresas y, al mismo tiempo, ofrecer un futuro prometedor a nuestros vecinos y a todos aquellos que vean en nuestro territorio una oportunidad de futuro, donde poder desarrollar su proyecto vital”, concluiu aa alcaldesa de Villayón.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



