Cervo, 12 de abril, 2025. O Concello de Cervo será o escenario da II Ruta Cabalar o domingo 13 de abril, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación dos membros da asociación organizadora, na pista ecuestre da Bidueira.
A saída está prevista para as 10:00 horas do pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta que será duns 15 quilómetros aproximadamente, e sesión vermú e baile no polideportivo da man de Dismo Móbil Conxuro; e xantar a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito.
O prezo será de 26 euros para os adultos e de 13 euros para os nenos, e poden asistir tanto os participantes da ruta como o resto de persoas que o desexen, con ou sen cabalo.
As inscricións, nos teléfonos 657 25 64 08 ou 677 53 92 85, poden formalizarse ata o 10 de abril.
A rexedora quixo darlle os parabéns á asociación Cabaleiros da Bidueira, un colectivo de recente creación integrado por veciños e veciñas que comparten a súa paixón polo mundo ecuestre e que son os “verdadeiros artífices desta iniciativa que xa vai pola segunda edición e que é moito máis que un percorrido polas paisaxes de Cervo, é unha oportunidade para descubrir o que pode ofrecer o noso concello desde outra perspectiva a lombos dun cabalo; e ademais é unha xornada de convivencia das que fan pobo, polo que animamos a todos, veciños e visitantes, amantes do mundo equino, ou simplemente a quen queira pasar unha xornada en boa compañía, a que veñan desfrutar desta II Ruta cabalar a Cervo”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



